- Á conta do leite: sistema de pago frecuente nos anos 60 e 70 entre a poboación do medio rural; as tabernas eran os postos máis habituais de recollida do leite;
- Á hora de xantar: unha hora imprecisa (a unha, unha e media, dúas...) segundo os costumes da familia e a actividade económica desenrolada polos seus membros; os traballadores da construcción e das industrias eran os que xantaban máis cedo; era unha falta de cortesía acodir á casa dun viciño á hora de xantar, non só por poñer á familia no compromiso de convidar ou ofrecer algo do que estiveran comendo, senón porque o momento da comida considerábase algo íntimo e privado;
- A lei do embudo: aplicar diferentes normas ou criterios segundo a persoa da que se trate, favoritismo, nepotimo, enchufismo; beneficiar a uns en detrimento de outros;
- As fabas danas ben contado: dise dos que sofren carencias económicas;
- As sobras: eran o resto da comida que fora servida e posta na mesa, non se consideraban sobras o caldo, callos, fabada, lentellas... que quedaran na pota;
- As sobras para o can: así dicían algúns, sobre todo homes, para expresar o seu rexeitamento da comida requente ou dos pratos elaborados cos restos da comida o día anterior; as sobras eran aproveitadas principalmente polas mulleres, non somentes as criadas, senón as amas de casa en xeral;
- Botar a casa pola fiestra: facer un gran gasto con motivo dunha celebración, tanto no tocantes a comidas e bebidas, como a roupa, etc.
- Carta: conxunto de pratos que oferta un restaurante ou unha casa de comidas;
- Chupar: tomar bebidas alcohólicas en exceso; obter beneficios ilegais (chupatintas, se o fai desde a súa situación profesional e con sutileza);
- Chupar do bote: aproveitarse dunha situación para obter beneficios;
- Comer: amenazar, amedrentar, apropiarse indebidamente de algo que perteñece a outro; gastar, consumir; tamén se emprega en varios xogos de mesa (parchís, oca...)
- Comer á carta: elaborar un menú a partires do que se ofrece na carta; é un símbolo dunha boa posición socioeconómica; tamén se di en tono irónico cando nunha familia cada membro come algo diferente;
- Comer a corpo de rei: comer ben e en abondancia;
- Comer coma un sabañón: comer en abondancia, con gañas; dise en tono de loubanza aplicado a un neno, a un vello ou a unha persoa convalecente;
- Comer de tixola: inxerir productos fritidos;
- Comer o pé: gasta-lo capital;
- Contarlle as fabas a alguén: tacañearlle, controlarlle minuciosamente o que gasta; refírese case sempre á muller que depende economicamente do home e da familia del;
- Da ración: productos (pan, aceite, arroz, pasta...) que se conseguían na postguerra por medio da cartilla de racionamento;
- Durar menos que un caramelo á porta dun colexio: dito de recente incorporación á fala popular;
- Embutidos: productos eleborados a base de carnes condimentadas, introducidas case sempre nunha tripa e curadas, tamén chamos fiambres;
- Estar coma unha cafeteira: estar mal da cabezar, tolear; tamén "estar coma unha regadeira";
- Estraperlista: persoa que se adica ó estraperlo;
- Facer un churro: facer algo mal feito;
- Fiambre: embutido; tamén cadabre;
- Fiambreira: recipiente para levar a comida dun lado para outro, principalmente para comer no lugar de traballo;
- Galdrumada: comida sen xeito;
- Ir ó Ceboleiro: é un dito procedente dos xogos de cartas; o Ceboleiro é (ou era porque neste intre non podo asegurar que sega aberto) un restaurante de Noia (tamén se dicía "ir a Noia" ou "ir a Allariz" ou "facelas dos zapateiros", cando non se gañaba sen un só xogo no tute ou na brisca;
- Máis claro que a sopa dun asilo: evidente remedo do tradicional "máis claro que a auga" que pon en evidencia a consideración popular sobre estes establecementos de acollida que os paisanos denostaban como símbolos do abandono familiar e social que sofrían algunha persoas maiores;
- Menú: conxunto de pratos que se ofrecen nunha soa comida; habitualmente está composto dun primeiro prato, lixeiro (caldo, sopa, crema, ensalada, pescado miúdo fritido, fiambre...), no inverno quente e no verán frío; un prato principal máis eleborado (carne, pescado, ovos...) e unha sobremesa;
- Ofrecer de gorxa para arriba: sen verdadeira intención de dar ou compartir aquilo que se ofrece;
- Os experimentos con gaseosa: unha chamada á prudencia, a non arriscarse cando non se está seguro, actitude conservadora moi propia do galego;
- Pagar a escote: reparti-la conta a partes iguais entre os que participan nun gasto, aínda que non todos consumiran o mesmo; estase convertindo no xeito máis habitual de paga-los convites, incluso as vodas que tradicionalmente pagaban os pais da noiva;
- Panceiro: persoa á que lle gosta moito o pan, que come moito;
- Pasar lambreta: pasar fame;
- Pinchos morunos: levan carne estofada ou ó ferro, pemento roxo, verde e amarelo, puerro..., ensartados alternativamente nunha variña de madeira ou de metal;
- ¡Que lle den morcilla!: Tanto pode aplicarse a unha persoa coma a un obxecto ou a un asunto; se se refire a unha persoa ten o siñificado de "¡vaite por aí que xa te chamarei!", "a otro perro con ese hueso", "vaille toca-lo carallo á lancha", tendo sempre un carácter despreciativo; tamén "que che den mate" ou "vai tomar mate por bombilla", estas últimas procedentes da emigración a Arxentina; se se refire a un obxecto ou a un asunto dise coa intención de que non nos interesa, non nos preocupa, non imos facer esforzos por recuperalo ou resolvelo;
- Racións: porcións de productos concretos (polbo, pementos de Padrón, calamares, croquetas, chipiróns, navallas, mexilóns...) que se ofrecen nos establecementos hosteleiros case sempre para compartir; a cantidade de cada ración depende do tipo de producto e do establecemento, calcúlase sempre a ollo (por experiencia);
- Saírlle un churro: saírlle mal algo, un exame, un labor de agulla, p.e.;
- Sazonar: añadir sal e outros condimentos a un manxar que estamos preparando;
- Ser moi cafeteira/o: gostrlle moito o café, tomalo varias veces ó día;
- Tapas: productos que en pequenas cantidades ofrecen os establecementos hosteleiros, en Galicia de xedito gratuíto, coa consumición de bebidas frías (refrescos, viño, cervexa...); cada establecemento soe te-la súa especialidade (tapas frías ou quentes, tapas de cociña se se trata de productos elaborados no propio establecemento; mesmo algúns bares e tabernas son coñecidos popularmente polas tapas que ofrecen, p.e. "o pataca" ou "o orella" en Santiago de Compostela;
- Ter a pota no lume: estar facendo a comida;
- Ter a solitaria: estar moi fraco a pesares de comer abondantemente; as enfermidade gastrointestinais eran relativamente frecuentes nos nenos debido a unhas condicións hixiénicas precarias;
- Ter a tixola ó lume: estar facendo de comer;
- Ter o estómago encollido: é unha fórmula para expresar o malestar a causa dun disgosto, dunha mala noticia ou dunha sorpresa desagradable;
domingo, 2 de mayo de 2010
Ditos relacionados coa gastronomía (3)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario