domingo, 2 de mayo de 2010

Os xelados

Os xelados eran un producto propio do verán e a súa venta era en boa parte ambulante; só nas grandes cidades (A Coruña, p.e.) había establecementos especializados que os elaboraban e vendían ben para consumir in situ, ben para levar. A industris dos xelados ten a súa orixe en Italia.
A partires da Semana Santa e ata comezos de outubro os carriños que servían xelados de cucurucho apostábanse nas rúas e prazas máis concurridas, nos parques e ata ás portas dos colexios ás horas de entrar e saír. Os sabores tradicionais eran: chiculate nata, mantecado e vainilla; agora hai infinidade de sabores.
Logo apareceron as barras de xelado coas que se facían os cortes e tamén os polos e as tarrinas, de distintos sabores, coa súa culler de plástico.
Ata que a meirande parte dos fogares tiveron frogoríficos, o consumo de xelados facíase nas rúas e nos establecementos especializados.
Hoxe os xelados consúmense a calquera hora e en tódalas épocas do ano baixo multitude de fórmulas de presentación e comercialización.

No hay comentarios:

Publicar un comentario