jueves, 13 de mayo de 2010

Os entrantes


Os entrantes ou entremeses eran propios das festas e tamén das vodas; tanto na casa do noivo coma da noiva, nas que se reunían os correspondentes familiares e convidados, antes de saír para a eirexa había costume de servir un aperitivo, tamén chamado tentempié, refrixerio ou, xa máis recentemente, piscolabis.
Este costume aparece a mediados dos anos 60, despois do Concilio Vaticano II, cando o xexún antes de comulgar se reduce de tres a unha hora e coincidindo con que as vodas, millor dito a celebración relixiosa correspondente, xa se poden celebrar despois do mediodía, as 12 ou á 1 da tarde.
Ofrecíanse, segundo o número de convidados, capacidade económica da familia, posición social, etc.:
  • Roscas, biscoitos e outros doces, acompañados de viño doce tipo Málaga ou Xerez, caña e licor café para os homes e anís para as mulleres;
  • Xamón, chourizos, queixo e viño da casa, con pan de molete;
  • Ámbalas dúas couas, doce e salgado;
  • Xa máis recentemente, vermut, olivas, canapés, embutidos variados, empanadiñas, croquetas...;
En todo caso, tratábase sempre dunha comida fría, para tomar dun xeito informal, uns de pé, outros sentados, mesmo algúns fóra (na eira, patio ou, incluso, na rúa).

No hay comentarios:

Publicar un comentario