Se esta axuda non era posible, porque tódalas mulleres da familia tiveran os seus propios compromisos, nos casos de embarazo, cando se aproximaba o parto, era a muller preñada a que acodía á casa dalgún familiar, sobre todo de súa nai, aínda que fora preciso desplazarse a outra vila, incluso a outra provincia.
Os homes solteiros que vivían sós (caso noi excepcional) ou os viúvos se non casaban de novo ou mentres nono facían, tamén recurrían a axuda dalgunha muller da familia (propia ou da súa finada) ou a unha criada. Se non tiñan fillos ou outros familiares ó seu cárrego, moitas veces volvían á casa paterna por non saber facer frente ás necesidades máis básicas da vida cotiá.
Se se tiña noticia de que algún home casado facía de comer ou, simplemente lle axudaba á súa muller neste labor, era denostado socialmente aplicándolle calificativos pexorativos como xanconas, xandelas, cazoleiro, etc. Este desprezo extendíase á muller por permitir esa intromisión no que, segundo a opinión popular, só a elas lles competía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario