sábado, 15 de mayo de 2010

Fabada de fabas verdes


Ingredientes:
  • Fabas verdes (cornellas);
  • Unha ou dúas patacas;
  • Panceta;
  • Chourizo ou morcilla;
  • Aceite de oliva;
Elaboración:
Debúllamo-las cornellas e poñémolas fabas a remollo (abonda con poñelas a noite anterior porque son brandas);
Poñemos a cocer as fabas, a panceta e as patacas cortadas en taquiños, o chourizo ou a morcilla desmenuzados, cunhas gotas de aceite de oliva a lume lento. Correximos de sal. Servimos ben quente.
O que nos sobre podemos conxelalo ou tomalo ó día seguinte requente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario