viernes, 5 de febrero de 2010

Refráns, ditos e expresións da fala popular relacionados cos ovos e as galiñas


  1. ¡A güevos! ou ¡por güevos!: á forza,necesariamente, sen discusión;
  2. Caír nunha tortilla: magoarse, enfermar de súpeto debido a un exzceso de traballo ou a unha vida pouco saudable;
  3. Caldo de galiña: líquido rico en graxa que se lles daba ás mulleres recén paridas, obtido da cocción dun anaco de carne de galiña; tamén tabaco de liar;
  4. Cando seas pai comerás ovos;
  5. Churras: galiñas novas;
  6. Comer coma un pito: comer moi pouco;

  7. Costar un "güevo": precisar esforzo ou sacrificio; en moitas expresións da fala popular, os ovos están relacionados cos órganos sexuais masculinos;

  8. Cucar un ovo; facerlle un buratiño para tomalo bebido; a orixe do dito procede do costume do cuco de come-los ovos doutros paxaros para sustituílos polos seus e que incuben, de que "ser moi cuco" sexa sinónimo de ser moi aproveitado;

  9. Deitarse coas galiñas ou deitarse coma as galiñas: tamén se di deitarse co Sol, deitarse moi cedo.

  10. Estar chocando: incubando unha enfermidade ou, referíndose á muller, estar embarazada de pouco tempo;

  11. Estar coma un "güevo": estar moi suscétibel ou delidado de saúde;
  12. Estortillarse: caír e magoarse de consideración;
  13. Facer unha tortilla: esnaquizar algún obxecto;

  14. Febreiro, oveiro;

  15. Galadura: mancha na xema do ovo;

  16. Galiña o que non... (faga determiñada cousa); a galiña asóciase en Galicia co medo, a timidez e a cobardía;
  17. Galiña que canta coma capón, muller que fala coma un home, na miña casa non;

  18. Gallo que no canta, algo tiene en la garganta;

  19. Hai que ter güevos: tamén "hai que botarlle güevos", "hai que telos ben postos", fai referencia á identificación da forza e da vontade cos órganos sexuais masculinos, aínda que a expresión tamén se emprega referida a mulleres; (Ver Miguel de Unamuno);
  20. ¡Manda güevos!:
  21. Mata-la galiña antes de poñer os ovos: avaricia, falta de previsión no eido económico; malgastar; esgota-la fonte dos posibles beneficios; a orixe do dito remítenos a un conto tradicional moi extendido por toda Europa ""La gallina de los huevos de oro");


  22. Non hai galiña gorda por pouco diñeiro; co mesmo siñificado "non dan os duros a catro pesetas";

  23. Non sabe o raposo as galiñas que durmen fóra;
  24. O galiñeiro: nos cines e teatros, a parte máis alta do recinto destiñada ó público, coas entradas de máis baixo prezo; nos autocares, os últimos asientos, que soen estar máis outos que os outros; tamén lle din "o poleiro";

  25. Onde hai galo non manda galiña; equivalente a "onde hai patrón, non manda mariñeiro", pero con certos visos de machismo;

  26. Para facer unha tortilla hai que rompe-los ovos; o mesmo que "para face-las Américas hai que cruza-lo mar";
  27. Parece que está poñendo un ovo: dise dunha forma despectiva para referirse a unha postura corporal pouco natural;
  28. Parecer unha galiña choca: estar decaído, falto de forzas; sofrir unha serie de pequenos achaques;
  29. Pitas: galiñas novas;
  30. Poleiro: calquera lugar outo nun recinto, que permite unha vista de conxunto:
  31. Poñerse coma un pito: mollarse por completo por mor da choiva;
  32. Poñerse de choco: incuba-los ovos as galiñas;
  33. Poñérselle a un a carne de galiña: tremer ou arrepiarse; reacción cutánea debida ó frío ou a unha nova disgraciada, tamén ó medo;

  34. Quedar coma o galo de Morón; o dito completo é "quedar coma o galo de Morón: sen prumas e cacareando en calquera ocasión"; o dito procede dun suceso acontecido en Morón da Frontera (Sevilla) no século XVI;
  35. Quedar nunha tortilla: caír e magoarse;

  36. Saír do cascarón: medrar; perde-la timidez e amosarse con naturalidade diante dos demais; mostrar inesperadamente atrevemento en feitos, actitudes e palabras; comportarse con desenvoltura; expresar ideas avanzadas repentinamente;
  37. Sé-lo amo do galiñeiro: dise do que manda nun grupo;
  38. Sé-lo galo do corral: ser o único home nun grupo de moitas mulleres; ser o líder dun grupo;
  39. Ser galo de moitas galiñas: ser un Don Juan; conquistar a moitas mulleres;
  40. Ser un "rompegüevos": persoa incordiante;
  41. Ser unha galiña ou ser un galiña: dise dunha persoa cobarde ou medrosa, sempre en feminino aínda que se trate dun home;
  42. Subirse ó poleiro: adotar unha actitude prepotente;
  43. Ter a forza dunha galiña: esta expresión aplícasalle principalmente ós homes que, a pesares da súa apariencia física, non teñen forza para levantar ou acarrexar obxectos que teñan algo de peso;

  44. Ti falas cando as galiñas mexen: expresión de carácter despectivo que se lle di a un neno para indicarlle que non pode participar na conversa;

  45. Tortillera: lesbiana;

Adiviñas:


Entre dos pares de blancas

hay una flor amarilla

que se le puede presentar

al mismo rey de Castilla

Solución: os ovos fritidos



Cucurico non ten ollos, , nen bico

e os fillos de cucurico teñen ollos, e bico.


Solución: o ovo


Copla:
O amor que che teño
e máis o que che hei de ter
caben na casca dun ovo
e máis nono han de encher.




No hay comentarios:

Publicar un comentario