Deste costume non se libraban sequera os acontecimentos luctuosos, coma a morte dun familiar e o conseguinte enterro.
Cando morría unha persoa, os viciños acodían rapidamente, convocados polo toque da campá, para facer os labores (prende-lo lume da lareira, darlle de comer ós animais, estra-las cortes, muxi-las vacas, quitarlleles os ovos ás galiñas, atender ós nenos máis pequenos...) e tamén para cociñar para a familia do defunto e os achegados que viñeran doutras parroquias para acompaña-lo enterro.
Desta tarefa responsabilizábase unha ou máis viciñas que tiveran unha certa experiencia coma cociñeiras, ás veces simplemente por formar parte dunha familia numerosa e estaren acostumadas a acer comida para moita xente.
Para esas ocasións preparábase, ademais de abondante café e copas de caña ou anís, un cocido ou unha carne asada. Botabanman do que houbera na casa nese momento, pero tamén os viciños aportaban viandas dos seus propios fogares, principalmente se sabían ou sospeitaban que no do defunto non habería dabondo.
Todo un exemplo de solidariedade viciñal hoxe practicamente desaparecido.
O feito de comer e beber con xenerosidade nos velorios e antes ou despois do enterro ten hoxe unha valoración socil moi diferente á que tiña hai unhas décadas.
É un fenómeno complexo, común a moitas culturas no que se misturan cuestións prácticas (escorenta-lo frío, p.e.) e sicolóxicas (eros e tanatos) nas que repararemos noutra ocasión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario