- Vendelos ou trocalos nas feiras ou nas tabernas para mercar outros productos que os paisanos non producían: aceite, sal, sucre, pementón, café, achicoria, cascarilla...;
- Regalalos como parte das obrigas sociais contraídas durante o ano (ós mestres e outros profesionais, así coma cando se visitaba un enfermo ou a unha persoa maior);
- Levarllos ós cregos pola Pascoa para cumpli-lo preceto; unha ducia por matrimonio, media ducia os viúvos). Logo o crego vendíallos ós taberneiros e panadeiros para face-las roscas típicas desta época do ano;
Os ovos tamén se empregaban como parte do pago en especies a algúns traballadores ou, para ser máis precisos, traballadoras (lavandeiras, pranchadoras, costureiras, tecelás...), porque ós traballadores masculinos (carpinteiros, xornaleiros...), agás ós xastres, entregábanlles espigas de millo, fabas, patacas touciño de porco.
De tódolos xeitos, o pago en especies desapareceu antes para os homes que para as mulleres, en parte porque estas eran chamadas a traballar por outras mulleres que moitas veces non dispoñían de cartos en efectivo.
Os ovos tomábanse fritidos (estrellados), batidos (tortila francesa), cocidos, pasados por auga, escalfados, recheos, en tortilla, bebidos (desta forma os paisanos coidaban que tiñan un alto valor alimenticio e ata terapéutico, para "clarear a voce", por exemplo); eran e seguen sendo un ingrediente imprescindíbel na reposteiría...
Con finalidade terapéutica preparábanse ponches: leite quente cun ovo e un chorro de coñá, empregados para cura-los catarros e enfriamentos. Sen coñá tamén se tomaban en casos de anemia, desnutrición e convalecencia.
Tamén un recurso útil para as ocasións nas que se nos presenta un convidado inesperado, para improvisar unha comida rápida ou para completar un prato escaso.
O ovo sempre resultou curioso para os nosos ancestros; un bo exemplo desta curiosodade é a cantidade de refráns, ditos, adiviñas e outras expresións da fala popular nas que o ovo é protagonista.
Tamén existen varias supersticións relacionadas con el, coma a de levarlle ovos a Santa Clara para que non chova nun día determiñado, as autoridades municipais no día dunha festa patronal ou as noivas o día da súa voda. Este costume segue aínda vixente en cidades como Santiago de Compostela.
Fragmento dos Diarios de Mariana Canabal:
Ós ovos fritidos dicíanlles "ovos estrelados"; non só fritían os ovos das galiñas, senón tamén os das pombas que se criaban nos pombais, das perdices e outros paxaros, que se collían nos niños, como di a copla popular on doble intención:
A rula vaise queixando
que lle roubaron o niño;
¿quen cho mandou facer, rula,
tanto á beira do camiño?
Segundo a tradición popular eran o manxar preferido dos xastres; fritíanse sós, con chourizos ou cunhas lonchas de touciño, neste caso a graxa do touciño facía as veces do aceite...
No hay comentarios:
Publicar un comentario