lunes, 8 de febrero de 2010

A froita

No rural case tódalas casas tiñan ó seu redor árbores frutais, pero estes tiñan unha función máis ornamental e de prestixio social que productiva, pois boa parte da froita non se aproveitaba.
Na fotografía un ameixeiro en flor


Fragmento dos Diarios de Mariana Canabal:
A poda das árbores frutais era unha responsabilidade do home da casa, así coma os inxertos; os coñecementos pasaban de pais a fillos e de avós a netos; os máis vellos tiñan en moi alta estima estes saberes e só os compartían con persoas da súa confianza.
Estaba mal visto que as mulleres souberan destes labores e cando quedaban viúvas ou o seu home enfermaba, se non tiñan fillos maiores ou outro parente que llo fixera, tiñan que acodir á solidariedade veciñal ou pagar por este traballo.
As mulleres que, facendo caso omiso da consideración social, se atrevían a facelo elas mesmas eran censuradas, tanto polos home coma ou aínda máis polas outras mulleres...

As mazás:
Eran unha das froitas máis abondantes, das que existían distintas variedades.
Aproveitábanas para dárllelas ós porcos, cortadas para que non se atragantaran con elas e fervidas.
Tamén llas daban ós nenos, cun anaco de pan, para levar á escola e comer ás once ou á merenda.

Facían compota de mazá, mazás asadas no forno, empanada (con tapa) e tarta (sen tapa) de mazá, para servir como sobremesa, e mazá raiada, que se tomaba como remedio para as diarreas.
As froitas de óso:
As máis apreciadas: pavías e pexegos; cereixas e guindas;
As memos valoradas: Claudias, ameixas, ameixos, ciruelas, abruños, endrinas, amoriños, nísperos, caquis...



Algunhas especies de árbores foron desaparecendo paulatinamente debido, entre outras cousas, á concentración parcelaria, por atoparse a meirande parte delas nas lindes das propiedades, e tamén pola súa sustitución por outras máis rentables desde o ponto de vista económico (os kiwis, por exemplo).

Entre as que foron escaseando pouco a pouco atópanse os membrilleiros. Hoxe parte do mermelo de producción artesanal, para o autoconsumo, elabórase engadindo mazás ós membrillos, cando non se fai exclusivamente con mazás.

Froitas que había que mercar nas feiras ou nas tabernas, coma as laranxas, os plátanos ou os melocotóns en almíbar, eran moi apreciadas e con elas obsequiábanse ós enfermos ou ás persoas maiores cando se lles facía unha visita.

Froitas silvestres: as moras
As moras ou amoras, porque nalgunhas localidades chámanlles deste xeito, son froitas silvestres que abondaban a carón dos balos. Hai dúas variedades: bermellas e negras (estas moi escuras), máis doces.
A diferencia doutros países do centro e norte de Europa, onde se consumen en mermelada ou combinadas con outras froitas, en Galicia apuro se aproveitaban. Pero collíanas os rapaces para xogar porque o seu zugo, de cor aviñatada lles chamaba profundamente a atención, para enfado das nais, porque as manchas eran difíciles de quitar da roupa. Ás veces, os rapaces comíanas a pesares de estaren cheas de pó; algún dos nosos informantes confesou ter collido unha enchenta delas.
Excepcionalmente empregábanse para facer licores mergurándoas en augardente e engadíndolle un pauciño de canela, ademais de xucre.

As uvas merecen unha consideración á parte




En Galicia había unha gran tradición de consumo de froitos secos: améndoas garrapiñadas, uvas e figos pasos, piñóns e avelás, dátiles, orellóns, dos que non só gostaban os nenos, senón tamén os máis vellos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario