Mostrando entradas con la etiqueta festas gastronómicas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta festas gastronómicas. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de octubre de 2010

Festas gastronómicas


Nos últimos decenios a gastronomía pasou de ser un elemento das festas a convertirse no principal protagonista dalgunhas delas baixo a denominación de "festas" ou "feiras" de tal ou cual producto ou prato dunha localidade concreta. Unha das máis antigas e arraigadas é a "Feira do queixo", en Arzúa (primeiro domingo de marzo), e unha das que reúnen máis cantidade de público a "Festa do cocido", en Lalín.
Pero hai moitas máis:
  • Festa do caldo de ósos, en Taboada (Lugo);
  • Feira do capón, en Vilalba (Lugo);
  • Festa do cocido, en Lalín (Pontevedra);
  • Festa da filloa, en Lestedo, Boqueixón (A Coruña); na Baña (A Coruña)
  • Festa da lamprea, en Arbo (Pontevedra);
  • Festa do marisco, no Grove (Pontevedra);
  • Festa do polbo, no Carballiño (Ourense);
  • Feira do queixo, en Arzúa (A Coruña);
  • Festa da troita e do escalo, en Sigüeiro (A Coruña);
  • Feira do viño, en Chantada (Lugo); o primeiro de novembro;
Celébranse ó longo de todo o ano, coincidindo coa época na que o producto está en comida. Son unha ocasión para coñecer os nosos productos e as receitas, tanto as tradicionais, coma as máis novidosas. Teñen coma obxectivo a promoción económica, a atracción turística e son sempre un bo motivo para reunirse con amigos e coñecidos, pois todeas elas combinan a exposición, consumo e venta do producto protagonista da festa con outras actividades lúdicas (grupos de baile e música tradicional ou popular, consursos...).