Nos últimos decenios a gastronomía pasou de ser un elemento das festas a convertirse no principal protagonista dalgunhas delas baixo a denominación de "festas" ou "feiras" de tal ou cual producto ou prato dunha localidade concreta. Unha das máis antigas e arraigadas é a "Feira do queixo", en Arzúa (primeiro domingo de marzo), e unha das que reúnen máis cantidade de público a "Festa do cocido", en Lalín.
Pero hai moitas máis:
- Festa do caldo de ósos, en Taboada (Lugo);
- Feira do capón, en Vilalba (Lugo);
- Festa do cocido, en Lalín (Pontevedra);
- Festa da filloa, en Lestedo, Boqueixón (A Coruña); na Baña (A Coruña)
- Festa da lamprea, en Arbo (Pontevedra);
- Festa do marisco, no Grove (Pontevedra);
- Festa do polbo, no Carballiño (Ourense);
- Feira do queixo, en Arzúa (A Coruña);
- Festa da troita e do escalo, en Sigüeiro (A Coruña);
- Feira do viño, en Chantada (Lugo); o primeiro de novembro;
Celébranse ó longo de todo o ano, coincidindo coa época na que o producto está en comida. Son unha ocasión para coñecer os nosos productos e as receitas, tanto as tradicionais, coma as máis novidosas. Teñen coma obxectivo a promoción económica, a atracción turística e son sempre un bo motivo para reunirse con amigos e coñecidos, pois todeas elas combinan a exposición, consumo e venta do producto protagonista da festa con outras actividades lúdicas (grupos de baile e música tradicional ou popular, consursos...).
No hay comentarios:
Publicar un comentario