viernes, 29 de octubre de 2010

Ficha de traballo (18)

NORMAS DE COMPORTAMENTO NA MESA
  1. ¿Que normas de comportamento na mesa lles inculcaron desde nenos? ¿A que se referían as normas?
    • xeito de sentarse
    • uso de utensilios
    • vestido e peiteado
    • participación nas conversas
    • outras
  2. ¿Que persoa da familia era a que máis insistía nesas normas?
    • pai
    • nai
    • avós
    • outras persoas
  3. ¿Cal era a norma na que máis insistían?
  4. ¿Molestáballe ter que seguir as normas ou aceptábaas con facilidade?
  5. ¿Cal era a norma que máis lle molestaba ter que cumprir?
  6. ¿Sofría algún tipo de castigo se saltaba as normas?
  7. ¿Seguían os maiores as pautas de comportamento que lle esixían ós nenos?
  8. ¿Tiñan que pedir permiso para levantarse da mesa ó rematar de comer? ¿A quen?
    • pai
    • nai
    • avós
    • outras persoas
  9. ¿Eran as mesmas normas as que rexían na casa que as que se seguían fóra dela?
  10. ¿Inculcoulles ós seus fillos esas mesmas normas?
  11. ¿Bendicían a mesa antes de comer?
  12. ¿Quen se encargaba de bendicila?
    • pai
    • nai
    • avó ou avoa
    • os nenos
    • turnábanse
  13. ¿Lembra algunha fórmula empregada para bendici-la mesa?

No hay comentarios:

Publicar un comentario