Mostrando entradas con la etiqueta fichas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fichas. Mostrar todas las entradas

jueves, 8 de septiembre de 2011

Ficha de traballo (42)

Comenta os seguintes refráns, ditos e expresións da fala popular galega:

  1. O que se pica, allos come;
  2. Naranjas de la China;
  3. Ser can de moitas merendas;
  4. O palleiro non se fai sen palla;
  5. Comer coma un paxariño;
  6. Co tempo maduran as uvas;
  7. Comer rabos de pasa;
  8. Sacar tallada;
  9. Ser todo mel e manteiga;
  10. Relear;
  11. Facer feira;
  12. Somellar unha feira;

domingo, 4 de septiembre de 2011

Ficha de traballo (41)

O ALMORZO:

1. ¿Que almorzaban cando eran nenos?
  • Leite
  • Chiculate
  • Cacao
  • Café
  • Auga con sal
  • Cascarilla
  • Pan
  • Froita...
2. ¿Almorzaban o mesmo en tódalas épocas do ano?

3. ¿A que hora almorzaban?

4. ¿Onde almorzaban?
  • Cociña
  • Comedor
  • Cuarto
  • Fóra...
5. ¿Que almorzaban os outros membros da familia?
  • Avós
  • Pai
  • Nai
  • Irmáns máis vellos
  • Xornaleiros
  • Outras persoas do servizo...
6. ¿Marchaba para a escola sen amorzar?

7. ¿Dábanlle leite en pó na escola?

8. ¿Que lles daba de almorzar ós seus fillos?

9. ¿Que almorza actualmente?
  • Leite
  • Iogurt
  • Cacao
  • Café
  • Marmeladas
  • Tostadas
  • Froita
  • Cereais...

viernes, 2 de septiembre de 2011

Ficha de traballo (40)


HÁBITOS ALIMENTICIOS: ¿Cales son os alimentos que predominan na nosa dieta?

Completamos a táboa indicando dous productos consumidos habitualmente no almorzo, un menú consistente nun primeiro prato, un prato principal e unha sobremesa para o xantar e un prato e unha sobremesa para cea. Facemos iso para cada un dos días da semán.



Unha vez que a táboa está completa, coloreamos cada cela empregando o seguinte criterio:
  • Carnes: roxo;
  • Pescados: azul;
  • Froitas e verduras: verde;
  • Ovos: laranxa;
  • Lácteos: amarelo;
  • Patacas, pasta e arroz: branco... coma no exempro:

miércoles, 24 de agosto de 2011

Ficha de traballo (39)

Comenta os seguintes refráns, ditos e expresións da fala popular galega:
  • Ser de mal dente;
  • Comer á punta do dente;
  • Deus dalle noces a quen non ten dentes;
  • ¡Vai afiando as moas!
  • ¿Se nono podo morder, chúpoo!
  • Ter a alguén debaixo dun dente;
  • De grandes ceas están as sepulturas cheas;
  • Poñerlle a alguén os dentes largos;
  • Comer cos ollos;
  • Comer máis cos ollos que coa boca;
  • Estar sen probar bocado;
  • Irse o comido polo servido;
  • Descobrírselle o pastel;

domingo, 14 de agosto de 2011

Ficha de traballo (38)

AS COMIDAS DAS FESTAS (2):

1.- Describe un menú típico das festas da túa infancia, adolescencia, xuventude... e un menú dunha celebración familiar actual;

2.- ¿Cantas persoas se xuntaban para comer?
  • Somente a familia máis próxima;
  • A familia extensa;
  • A familia máis outros achegados;
3.- ¿Cantas persoas se xuntan agora?

4.- ¿Añora algo das festas da súa infancia? Especificar;

5.- ¿Lembra o menú do seu propio casamento?

6.- ¿E o menú dos casamentos dos seus fillos?

7.- Describa o menú da última voda á que asisteu;

8.- ¿Aportaban os convidados a unha festa algo de comer (sobremesas, entremeses, bebidas...);

9.- ¿Era costume na zoa onde residía mandar a proba do casamento a alguén? Especificar;


viernes, 12 de agosto de 2011

Ficha de traballo (37)

AS COMIDAS DAS FESTAS:

  1. ¿Cales eran os menús máis habituais nas festas patronais? Indicar a data das festas e os Santos ou Santas Patronos ós que estaban adicadas para establecer unha correlación entre as tres variables: data, Patrón e prato principal.
  2. ¿Quen facía a comida o día da festa? A muller da casa, a avoa, persoa de servicio, contrataban a alguén só para cociñar ese día, participaba algún home na elaboración dos pratos...
  3. ¿Encargaban pratos xa elaborados? (De repostería, por exempro).
  4. ¿Que productos dos cosumidos nas festas procedían das colleitas ou da crianza doméstica, no caso dos animais?
  5. ¿Que productos mercaban?
  6. ¿Onde os mercaban? Taberna, feira, establecementos especializados...
  7. ¿De cantos pratos constaba o menú do día da festa?

miércoles, 3 de agosto de 2011

Ficha de traballo (36)

Comenta o seguintes refráns, ditos e expresións da fala popular galega:

  • Irlle o comido polo servido;
  • Vaite ganancia, non me deas perda;
  • Cambiarás de muiñeiro, pero non de ladrón;
  • Cartos de sardiñas;
  • Foron felices e comeron perdices;
  • Chuparse os dedos;
  • Chupar do bote;
  • Facerlle cóxegas (un determiñado alimento);
  • Comer a rancho;
  • Poñerse coma un tomate;
  • As de Padrón, pimenteiras;
  • As contas craras e o chiculate espeso;

jueves, 28 de julio de 2011

Ficha de traballo (35)

Comenta os seguintes refráns, ditos e expresións da fala popular:

  • Non chegar nen a media merenda;
  • Acudir como moscas a la miel;
  • Contigo pan e cebola;
  • Ir de lúa de mel;
  • Ser de bo ou mal dente;
  • A vergonza do galego;
  • Saír do cascarón;
  • Negarlle a un o pan e o sal;
  • Ser unha veiga aberta;
  • Estar nos ósos;
  • Ser un óso duro de roer;
  • A pedir de boca;

lunes, 11 de julio de 2011

Ficha de traballo (34)

O CALDO:
  1. Describir, cada un á súa maneira, como se fai o caldo galego.
  2. ¿Cantas veces por semán comían caldo cando eran nenos?
  3. ¿Con que frecuencia comen caldo actualmente?
  4. ¿Que diferencias hai entre o caldo que toman agora e o que tomaban cando eran nenos?
  5. ¿Quen facía o caldo na súa casa?
    • nai
    • avoa
    • outras mulleres da casa (especificar)
    • persoa de servizo
  6. ¿Como conservaban o caldo dun día para outro ou máis?
  7. ¿Tomaban o caldo antes ou dispois do resto da comida?
  8. Ditos e refráns relacionados co caldo.
  9. Supersticións relacionadas co caldo.

miércoles, 6 de julio de 2011

Ficha de traballo (33)

AS MULLERES NA COCIÑA
  1. ¿Cando aprenderon a cociñar?
    • na adolescencia
    • antes de casar
    • cando casaron
    • paulatinamente, case sen decatarse
    • aínda seguen aprendendo
  2. ¿Quen lles aprendeu?
    • nai
    • avoa
    • tías
    • irmáas máis vellas
    • na escola
    • viciñas
  3. Cando eran nenas ou mociñas, ¿lembran que algún home da familia fixera a comida?
    • habitualmente
    • ocasionalmente
    • só algúns pratos
  4. ¿Aprenderon a cociñar ás súas fillas?, ¿e ós seus fillos?
  5. Actualmente, ¿algún homa súa familia cociña habitualmente?
  6. ¿Ten á man algún libro de cociña?
  7. ¿Úsao con frecuencia?
  8. ¿Ten unha libreta ou caderno que foi anotando receitas?
  9. ¿Intercambia receitas con outras persoas?
    • familiares
    • amigos
    • viciños
    • outros
  10. ¿Consulta receitas por Internet?

viernes, 20 de mayo de 2011

Ficha de traballo (32)

Comenta os seguintes refráns, ditos e expresión da fala popular galega:
  • Ser unha persoa avinagrada;
  • Contigo pan e cebola;
  • Ir ó Ceboleiro;
  • Das as cebolas;
  • Pillar na allada;
  • Saírlle nunha salsa;
  • Virlle unha boa ensalada;
  • Virlle de moca;
  • Estar coma un flan;
  • Caldeirada;
  • Morra Marta, morra farta;
  • Ser unha veiga aberta;
  • Arroz para os pitos e bacallao para a tropa;
Escribe outras expresións similares.

viernes, 4 de febrero de 2011

Ficha de traballo (31)

O CONSUMO DE PATACAS:
1) ¿Cantas veces á semán consumía patacas na súa infancia?
  • Tódolos días;
  • Case tódolos días;
  • Dúas veces por semán;
  • Outras;
2) ¿Que cantidade de patacas compra habitualmente?
  • Un kilo;
  • Cinco kilos;
  • Dez kilos;
  • Máis;
  • Para toda a semán;
  • Para todo o mes;
3) ¿Cantas veces á semán consume patacas actualmente?
4) ¿Como as consume?
  • Cocidas;
  • Fritidas;
  • Ó vapor;
  • En puré;
  • Outras;
5) ¿Coñece algunha superstición relacionada coas patacas?
6) Escribe algún refrán, dito ou expresión da fala popular relacionado coas patacas.
7) Describe algún labor relacionado co cultivo das patacas.
8) Redacta unha receita na que un dos seus principais ingredientes sexan as patacas.
9) ¿Que valor nutritivo lle atribúe ás patacas?

miércoles, 5 de enero de 2011

Ficha de traballo (30)

A FALA POPULAR
Comenta os seguintes refráns, ditos e expresións da fala popular:
  • Son os fillos que tes que manter;
  • Manterse do aire;
  • Estar ben mantido;
  • Ter cara de leite fervido;
  • Comer a mesa e mantel;
  • Ter máis cú que barriga;
  • Xuntarselle a barriga co aro do lombo;
  • Manterse augas quentes;
  • Fueron felices y comieron perdices;
  • O ollo do amo engorda o cabalo;
  • ¿Que lle den morcilla!;
  • Levar gato por lebre;

lunes, 3 de enero de 2011

Ficha de traballo (29)


AS ENSALADAS

  1. ¿Cando tomaban ensalada?
    • No verán;
    • Todo o ano;
    • Só acompañando algúns pratos (especificar);
    • Só con ocasión dalgnha festa ou celebración;
  2. ¿Que ingredientes levaba unha ensalada tradicional?
  3. ¿Como tomaban a ensalada?
    • A rancho;
    • Ó compás doutro prato;
    • Coma un prato independente;
  4. ¿Con que frecuencia consumen ensaladas actualmente?
    • A diario;
    • Só no verán;
    • Sóno xantar:
    • Pola noite;
    • Só cando comen fóra da casa;
  5. ¿Que ingredientes foron engadindo paulatinamente ás ensaladas?
    • Zanoria;
    • Millo;
    • Pasta;
    • Espárragos;
    • Froitas ou froitos (mazá, noces...)
    • Queixo;
    • Outros;
  6. ¿Que valores nutritivos considera que teñen as ensaladas?
  7. Refráns, ditos e expresións da fala popular relacionados coas ensaladas;
  8. Supersticións reacionadas co consumo de ensaladas. ¿Tomaban ensalada drante a menstruación?, ¿e no postparto?
  9. ¿Por que algúns din que as ensaladas lles producen catarro, se son moi ricas en Vitamina C, precisamente coa que se combaten estes?
  10. Elaborar un menú que conteña un prato de ensalada;
  11. Preparar unha receita de ensalada;

viernes, 24 de diciembre de 2010

Ficha de traballo (28)

A FALA POPULAR:
Comenta os seguintes refráns, ditos e expresións da fala popular galega:
  • Comer unha farta;
  • Ser farturento;
  • Estar coma un "güevo";
  • Saír do cascarón;
  • Non se pode facer unha tortilla sen rompe-los ovos;
  • Iso é fariña doutro costal;
  • Quitarll as castañas do lume a alguén;
  • Corta-lo bacallo;
  • Ter a tixola polo mango;
  • Entrega-lo cesto da feira;
  • Deitarse coma as galiñas;
  • Estar coma o porco no cortello;

miércoles, 22 de diciembre de 2010

Ficha de traballo (27)

A FALA POPULAR:
Comenta os seguintes refráns, ditos e expresións da fala popular galega:
  • Onde hai galo non manda galiña;
  • Non sabe o raposo das galiñas que durmen fóra;
  • Deitarse oma as galiñas;
  • Non hai galiña goda por pouco diñeiro;
  • Estar coma un "güevo";
  • Caldo de galiña;
  • Comer coma un pito;
  • Pito cairo;
  • Poñerse coma un pito;
  • Non hai galiña gorda por pouco diñeiro:

jueves, 9 de diciembre de 2010

Ficha de traballo (26)

Comenta os seguintes refráns, ditos e expresións da fala popular:
  • A vergonza do galego;
  • Comer as sobras;
  • Sopas de pan e viño quente fan ó home valente;
  • Nonter quen lle dé a un unha auga quente;
  • Unha taza de caldo dáselle a calquera;
  • Come-lo pé;
  • Irlle o comido polo servido;
  • O comer e o rañar, todo é empezar;
  • Carto gañado, carto papado;
  • Cartos de sardiñas;
  • A muller e a sartén na cociña están ben;
  • Estar a partir un piñón;

martes, 7 de diciembre de 2010

domingo, 5 de diciembre de 2010

Ficha de traballo (24)

A FALA POPULAR:
Comenta os seguintes refráns, ditos e expresións da fala popular:
  • Díxolle o pote ó caldeiro: vaite de aí que me luxas;
  • O que foi cociñeiro antes que fraile, o que pasa na cociña ben o sabe;
  • Máis contento que unhas Páscoas;
  • Polo pan baila o can;
  • Ó que non quere caldo, sete cuncas;
  • Comer con escrúpulo;
  • Estar papando moscas;
  • O que parte e ben reparte, garda para si a millor parte;
  • Beber por un zoco;
  • Facer unha piña;

sábado, 4 de diciembre de 2010

Ficha de traballo (23)


AS CEAS:
  1. ¿En que consistía a súa cea cando eran nenos/as?
    • caldo galego;
    • sopa;
    • leite;
    • sobras do medio día;
    • ovos fritidos, revoltos...
    • tortilla española;
    • outros;
  2. ¿Ceaban xuntos tódolos membros da familia?
  3. ¿A que hora ceaban aproximadamente?
  4. ¿Ceaban todos o mesmo?
  5. ¿Quen preparaba a cea?
  6. ¿Que cean habitualmente agora?
    • lácteos (queixo, iogurth...);
    • froitas;
    • froitos secos;
    • caldo ou sopa;
    • peixe;
    • infusións;
    • outros;
  7. ¿Onde cean a cotío?
    • cociña;
    • comedor;
    • sala de estar;
    • fóra da casa,
    • outros
  8. ¿Encende a cociña á hora de cear ou apáñase co microondas?
  9. ¿Cea o mesmo cando está soio/a na casa que cando ten algún familiar ou convidado?
  10. ¿Quen prepara actualmente a cea na súa casa?
    • cada un prepara a súa;
    • a ama de casa;
    • outros;