- Describir, cada un á súa maneira, como se fai o caldo galego.
- ¿Cantas veces por semán comían caldo cando eran nenos?
- ¿Con que frecuencia comen caldo actualmente?
- ¿Que diferencias hai entre o caldo que toman agora e o que tomaban cando eran nenos?
- ¿Quen facía o caldo na súa casa?
- nai
- avoa
- outras mulleres da casa (especificar)
- persoa de servizo
- ¿Como conservaban o caldo dun día para outro ou máis?
- ¿Tomaban o caldo antes ou dispois do resto da comida?
- Ditos e refráns relacionados co caldo.
- Supersticións relacionadas co caldo.
Mostrando entradas con la etiqueta caldo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta caldo. Mostrar todas las entradas
lunes, 11 de julio de 2011
Ficha de traballo (34)
O CALDO:
miércoles, 26 de mayo de 2010
O caldo galego
Sería inútil pola nosa parte pretender dar unha receita dun prato tan arraigado na nosa cultura popular: cada muller pode contarnos diferentes maneiras de facelo segundo os usos familiares, as zoas, as ocasións e, sobre todo, segundo os productos dos que dispoña.
Básicamente, o caldo galego leva:
- patacas
- verdura
- unto
- fabas
- carne de porco
En canto ás patacas, o caldo nunca se fai con patacas novas; bótanselle tanto patacas enteiras ou partidas pola metade se son moi grandes, coma cortadas; as patacas enteiras sérvense cando se come o caldo por primeira vez (recén feito).
En canto á verdura, pode ser de grelos, repolo, nabizas ou berzas (de col), segundo a época do ano e a cantidade que se faga. O caldo de repolo non se conserva tanto tempo coma o de grelos, nabizas ou berzas.
En canto ó unto este é un elemento imprescindible do caldo galego, ata tal ponto que "come-lo caldo sen unto" é sinónimo de miseria, desidia ou iñoranza.
As fabas deben ser brancas e curadas, por iso hai que poñelas a remollo.
A carne de porco sempre é carne salgada (touciño, ósos do lombelo, rabo, uñas, orella, costela...), que se pon a desalar o día anterior, nunca vísceras. Tamén pode levar carne de terneira e/ou polo, chourizos, que soen cocerse a parte; cabazo, para espesarlo...
A carne que sobraba raras veces se volvía a quentar, tomábase fría ou en roupa vella.
Se cada muller ten o seu xeito de face-lo caldo, cada persoa tamén ten as súas manías á hora de comelo e de conservalo.
O caldo tomábase a calquera hora: algúns, sobre todo os máis vellos, almorzaban unha taza de caldo con sopas de pan; no xantar un prato de bastura con carne de porco e unha cunca de caldo por riba; á cea outra taza de caldo.
Se había outro prato principal, o caldo tomábase despois e non antes e se había sobremesa, despois dela.
En canto á conservación, facíase o caldo nunha pota alta, servíase quente e o que sobraba deixábase na mesma pota, que se colocaba nun lugar fresco; volvíase a ferver cando se ía tomar caldo outra vez, sen remexelo, e así ata que se acababa e se facía outra pota. Se o tempo estaba de treboada, aínda que non se fora tomar, fervíase ó mediodía e á noite, porque coidaban que se podía acedar con máis facilidade,
- Auga do caldo: parte líquida do caldo galego; auga na que se coce carne de porco (tb. auga do cocido) que se emprega para facer unha sopa, p.e.;
- Bastura: parte do caldo galego que se serve coa espumadeira nun prato, pois non leva líquido; hai quen lle bota un chorro de aceite de oliva por enriba;
- Caldo limpo: líquido resultante da coción de ósos de terneira ó que se lle poden engadir unha pataca cortada ou un puñado de sopa de cuscús e que se toma por motivos terapéuticos (problemas gastrointestinais case sempre).
- Cocido: O cocido, a diferenza do caldo, non leva fabas; nas vilas e por influencia castelá leva garbanzos, que se cocen nunha bulsa para servilos á parte;
- Lacón con grelos: leva patacas enteiras, grelos, lacón e chourizos; é propio do Entroido;

Suscribirse a:
Entradas (Atom)
