jueves, 21 de octubre de 2010

As feiras de Santos

Teñen lugar nos últimos días do mes de outubro ou primeiros de novembro, sempre en torno á festa de Tódolos Santos. Xunto coas feiras do Nadal son as máis importantes do ano.
Nesas datas están rematadas as colleitas e as familias teñen feito o cálculo dos excedentes, parte dos productos recollidos que non van precisar eque poden vender para adquirir outros dos que teñen necesidade. como van sacrificar os porcos aproveitan para mercar os que cebarán para o ano seguinte. E, finalmente, como se achega o inverno, é posible que non se celebren algunhas feiras ou non se poida acodir a elas por mor das inclemencias do tempo.
Estas feiras tamén se aproveitaban para mercar calzado (zocos, zocas, botas...) e roupa de abrigo para o inverno.
O mesmo acontece coas feiras de San Martiño (en torno ó día 11 de novembro). Ás veces a celebración dunha ou doutra só ten a finalidade de que non coincidan nas mesmas ou próximas datas feiras en localidades moi próximas.

Curiosidade:
As eleccións presidenciais nos EE.UU., así coma outras votacións e refrendos celébranse cada catro anos o primeiro martes despois do primeiro luns do mes de novembro, é dicir entre o 2 e o 8, inclusive, así nunca poden coincidir coa celebración de Todolos Santos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario