miércoles, 13 de octubre de 2010

Marmelada de pexego


Ingredientes:
  • Pexegos;
  • Unha mazá;
  • Zucre;
  • Limón;
Elaboración:
Límpanse os pexegos e córtanse en taquiños; faise o mesmo coa mazá; exprímese un limón e vértese o zume sobre a froita para que non e oxide.
Ponse a cocera froita e unha igoal cantidade, en peso, de zucre. Remóvese continuamente cunha culler de pau, ata que adquire a textura desexada.
Vértese en botes de cristal, previamente fervidos, e déixase enfriar. Tapamos os botes e poñémolos a baño María.

A elaboración de marmeladas é un bo xeito de aproveitar e consumir a froita do país, que algúns consumidores rexeitan por ácida, xa que non sempre temos horas de Sol suficientes para que acade un grao de zucre suficiente (claro está que iso depende dos gostos).
Tamén podemos facer marmeladas de froitos silvestres, coma moras, endrinas, fresas, ambruños, etc., ou facer combinacións pouco habituais (pera con kiwi, enfrinas con cereixas, moras con laranxa...), deixándose guiar pola imaxinación.
Por último, trátase dun producto ecolóxico, sen colorantes, edulcorantes ou conservantes industriais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario