domingo, 17 de octubre de 2010

As feiras portuguesas

Cando as feiras galegas entraron en declive, a finais dos 70, púxose de moda acodir ás feiras que se celebraban do outro lado da raia, principalmente en Valença do Miño, onde se celebraban dúas feiras semanais, os mércores e os domingos.
As familias que dispoñían de utilitario ían no seu propio vehículo, sobre todo desde Pontevedra e Vigo; en moitas localidades galegas as empresas de transporte de viaxeiros organizaban, o mesmo qe algunha asociacións, excursións a prezos módicos.
En Portugal os galegos mercaban predas de algodón ou de fío (pantalóns texanos, sudadeiras, camisetas, toalla, roupa de cama e para vestir a mesa...); algunhas boas imitacións das primeiras marcas do mercado.
Tamén mercaban café, viño, tanto do Porto, coma de Madeira ou verde; carne de cordeiro, cerámica, cigarrillos "More", utensilios de cociña, xoguetes de madeira de fabricación artesanal..., todo ilo a un prezo ventaxoso para os compradores españoles por mor do cambio escudo-peseta.
Os que acodían á feira xantaban bacallao e arroz caldoso con mariscos; na sobremesa non podían faltar os doces, xa que os portugueses son mestres na reposteiría.

No hay comentarios:

Publicar un comentario