Neste grupo de productos atopábanse as espinacas, os plátanos e o Colacao, todos eles apoiados por importantes campañas publicitarias na recén chegada televisión, dos que aínda agora a xente garda memoria; e tamén as lentellas.
Moitos rapaces non tomaban as lentellas con agrado, entre outros motivos porque, ó non seren un producto cunha tradición culinaria na nosa terra, algunhas nais nonas preparaban axeitadamente, senón "viúvas", só cunha allada.
En canto ós adultos, algúns sentían prexuízos coma consideralas "comida de pobres", xa que non levaban talladas.
Hoxe son un prato habitual na mesa das familias galegas.
O consumo de espinacas estaba apoiado polos debuxos animados de "Popeye el marino"; o de plátanos pola campaña do Ministerio de Agricultura para favorecer o consumo de productos de Canarias, e o de Colacao por unha pegadiza melodía (aínda hai hoxe quen lembra a canción completa).
No hay comentarios:
Publicar un comentario