"Escomenzaban porque a comida non estaba bastante quente, tiña moito sal ou levaba un ingrediente que algún membro da familia aborrecía.
"A medida en que ía subindo o tono das voces, xurdían outros temas que xa non tiñan relación algunha coa comida: a camisa do home non estaba ben pranchada, o rapaz máis vello traía malas notas porque súa nai non se preocupaba de tomarlle as lcciós, a nena non trouxera o paraguas de volta da escola, o pequeno luxárase xogando na rúa... e mentres tanto o leite que estaba no lume chamuscábase.
"A partires de aí os berros dos adultos confundíanse cos choros dos nenos; de vez en cando distinguíase o ruído dun prato ó esnaquizarse ou dunha porta que se pechaba brutalmente. A continuación viñan as palabras fortes alusivas ós proxenitores dalgún dos cónxugues que, sen dúbida, nada tiñan que ver con que o pan estivera reseso ou o arroz un pouco pasado...
"Endexamais comprendín como as mulleres podían soportar esta ou similares situacións tódolos días do ano sen volverse tolas...
No hay comentarios:
Publicar un comentario