sábado, 30 de octubre de 2010

As feiras (6)

Fragmento dos Diarios de Mariana Canabal:
"Nos anos 40 e 50 en Santiago de Compostela
era costume que as mozas, á saída da misa dos domingos ou os días de festa, pasearan pola rúa do Vilar se chovía ou pola Alameda se facía bo tempo, en pequenos grupos, mentres que os mozos fumaban un pitillo ou parrafeaban entre eles debaixo dos soportais ou á sombra das plataneiras; mías dunha muller me ten comentado que "se sentia coma unha cabalgadura que pasearan pola feira en busca de comprador".
"¡Agora son outros tempos, pero algunha vez tamén me sentín así!

No hay comentarios:

Publicar un comentario