lunes, 15 de noviembre de 2010

Os trastornos alimenticios

Se ata hai 50 anos a preocupación das familias galegas era acadar alimentos suficientes para atender ás súas necesidades, hoxe son outras as preocupacións vencelladas coa alimentación. Entre elas o sobrepeso, debido ó efecto combinado da inxesta excesiva de graxas e zucre co sedentarismo, e que afecta a unha porcentaxe importante da nosa poboación e dun xeito cicais máis alarmante ós nosos ecolares.
A anorexia, que se manifesta cada vez a idades máis tempranas e que xa afecta tamén a un número importante de nenos e xoves e non só á poboación feminina.
A bulimia, que se presenta en moitos casos asociada ó estrés.
O abuso de alimentos funcionais, que tenden a transformar o feito de comer nun acto terapéutico.
As dietas para adelgazar que pasan de boca en boca sen a supervisión profesional axeitada, o consumo de anabolizantes e outros productos ofrecidos por algúns ximnasios ou centros de beleza...

No hay comentarios:

Publicar un comentario