Noutros casos aaproveitaban os terreos das viñas para prantar patacas ó legón, repolo ou outras verduras. Pero como a terra que quedaba debaixo das viñas era sombriza, esta producción era escasa e de calidade
regular.
Para as viñas tamén se empregaban os límites da eira ou das leiras pechadas por balados, zoas nas que non se podía traballar comodamente co arado.
Os coidados que precisaban as viñas (cavar, fondar, abonar, podar, sulfatar...) estábanlle reservados ós homes, agás os
labores de vendimar e de leva-las uvas ó lagar, nos que paricipaba a familia ó
completo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario