jueves, 25 de noviembre de 2010

Lacón con grelos


É un prato típico do Entroido, pero tamén se toma durante toda a tempada de inverno.

Ingredientes:
  • Un anaco de lacón, segundo o número de persoas;
  • Patacas;
  • Grelos;
  • Un chourizo;
  • Aceite de oliva;
Elaboración:
Cócese o anaco de lacón que deixamos a desalgar o día anterior; unha vez cocido, retírase e na mesma auga cócense as patacas enteiras, os grelos e chourizo;
Sérvense nunha fuente o lacón e mailo chourizo troceados e aparte ou xa directamente nos pratos de cada un, os grelos e as patacas aliñados cun chorro de aceite de oliva.

Se nos sobra algún anaquiño de lacón podemos aproveitalo para facer unhas exquisitas croquetas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario