domingo, 14 de noviembre de 2010

As feiras (7)


Fragmento dos Diarios de Mariana Canabal:
"Nas feiras era frecuente que as mesmas persoas primeiro venderan e logo mercaran, principalmente as mulleres que, sempre que podían, levaban polos, galiñas, ovos, repolo, coliflor, froitas (peras, mazás, figos, noces..., segunda a tempada), mel ou manteiga, herbas aromáticas ou mediciñais; e se non dispoñían de nada diso, algunha botella de caña.
"O obxectivo era dispor duns cartos, a máis dos que levara da casa, dos que non tivera que dar contas ó home ou á sogra, para poder mercar algo para ela ou para os seus fillos sen que lle botaran na cara o moito que gastara.

No hay comentarios:

Publicar un comentario