viernes, 19 de noviembre de 2010

As tabernas (4)

Nas tabernas, coma en calquera outro lugr no que se xunta xente, acontecían anécdotas que pasaban de boca en boca e que facían rir á xente. E canta máis risa daban, máis se esaxeraban os feitos. Tamén había taberneiros que adoptaban eles mesmos prácticas curiosas que lle deran sona á súa taberna ou,simplemente, mantiveran o interés dos seus parroquianos.

Fragmento dos Diarios de Mariana Canabal:
"Na de E. houbo un tempo no que cobraban a taza de viño do Ribeiro a dúas cincoenta; como era unha complicación andar coa volta dos dous reás, discurriron de cobralas os luns, mércore e venres a dúas pesetas, e os martes, xoves e sábados a tres. Os domingos pechaban.
"No R.S., con motivo das festas da Nosa Señora, o taberneiro, un home xa de idade, incrementaba os prezos das consumicións en dez, quince ou, incluso, vinte pesetas. Ó remataren os tres días da festa, ós clientes habituais reintegráballes a diferencia entre o que lle cobrara eses días e o que lles cobraría se fora un dia calquera. Iso obrigáballe a levar meticulosamente a conta do que consumira cada un...

No hay comentarios:

Publicar un comentario