viernes, 10 de septiembre de 2010

Á ganancia

Era un sistema de copropiedade no mundo rural galego, practicamente desaparecido nos anos 60. Empregábase fundamentalmente coas vacas e moi ocasionalmente cos porcos. Consistía no seguinte:
Unha familia humilde chegaba a un trato cunha familia pudiente: esta entregáballe un xato ou, máis frecuentemente, unha xuvenca (ou dúas, tres ou máis) que a outra se encargaba de manter e coidar repartindo a medias as ganancias (o importe da venta, as crías que tivera...). O propietario das vacas tiña dereito a velas de vez en cando para controlar o seu engorde e era quen dicidía o intre de vendelas.
Evidentemente, este sistema favorecía ós que dispoñían de capital, que o ían acrecentando deste xeito practicamente sen esforzo; por iso só recorrían a este sistema de copropiedade as familias máis desfavorecidas, as que perderan a súa propia facenda por mor dunha disgracia familiar (unha longa enfermidad ou un accidentee, por exemplo), as viúvas con fillos pequenos e as nais solteiras sen recursos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario