miércoles, 15 de septiembre de 2010

As feiras (4)


Unha muller nova non ía á feira soia.
Se era casada ou viúva podía acompañar á nai ou á sogra para ir preparándose para o día no que recibira "o cesto da feira" (daquela sería ela a responsable da administración familiar) e para axudarlle a levar o que mercaran.
Se non tiña nai nen sogra, tanto que fora casada, solteira ou viúva, debía ir acompañada dunha cuñada, tía, sobriña ou levar con ela un neno ou nena, aínda que foran pequenos e supoñeran máis un estorbo que unha axuda.
As solteiras con fillos soían levalos con elas por moitos motivos:
- a sociedade rural valoraba positivamente á nai solteira que non se avergonzaba da súa condición e que se mostraba públicamente en compañía do seu fillo ou filla;
- a nai solteira tamén estaba interesada en mostrarse en público como tal, ás veces para forzar un casamento co pai do seu fillo ou filla, que se sentiría presionado socialmente para cumprir con ela;
- nalgúns casos era unha sorte de castigo que os pais lle impoñían para que non se esquencera da súa responsabilidade de ser nai;
- as que convivían con cuñadas que tiñan os seus propios fillos tiñan medo de que na súa ausencia lles maltrataran ó neno;
- finalmente, había algunhas que non tiñan familia con quen deixa-lo neno e non querían pedirlle o favor ás viciñas;
O máis habitual era que as mulleres novas, calquera que fora a súa condición (solteiras con ou sen fillos, casadas ou viúvas) se puxeran dacordo con outras viciñas para ir e voltar xuntas e non dar motivo para marmuracións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario