"Ir de romería: acodir andando a un santuario levando a comida para tomar ó aire libre. Ademais das viandas levaban mantel, servilletas, pratos e vasos, garfios e todo o necesario, pois non existían os utensilios de plástico ou de cartón. Algúns levaban o viño da casa, outros mercábano nos carros; tamén había carros de polbo, nos que se mercaban racións para completar os alimentos que se levaban da casa.
"O viño levábano en damajuanas, que soían cargar as mulleres na cabeza coa axuda do molido; os homes levaban botas, que na meirande parte das ocasións chegaban á romería baleiras; alí volvían enchelas.
Ás romerías acodían non só en grupos familiares, senón que os de unha mesma aldea se poñían dacordo para ir xuntos. Este costume permitía que poideran acodir sen medo ás marmuracións mulleres viúvas ou solteiras con fillos. Ó chegar ó campo da festa podían separarse para comer ou, o máis frecuente, compartir entre todos que levaban uns e outros.
"Ían nenos, mozos, adultos e vellos; aían de madrugada e voltaban de noite, facendo, se acaso algunha parada no medio do camiño para dar conta a comida que lle sobrara do xantar.
"O feito de ir xuntos dáballe seguridade á hora de atravesar montes o coller atallos, pois tiñan medo dos lobos e tamén dos foucellas. Na miña zoa dábaselle o nome de foucellas a tódolos que andaban agochados no monte, maquis, desertores...
"Ás veces, incomprensiblemente e sen mediar explicación algunha, daban un arrodeo. Tratábase de evitar os camiños nos que mataran e enterraran algún viciño. Este siñificativo silencio fixo que xente gardara a memoria dos lugares de enterramento máis alá do que se poidera esperar debido ó tempo transcurrido...
No hay comentarios:
Publicar un comentario