jueves, 23 de septiembre de 2010

Ficha de traballo (1)

HÁBITOS ALIMENTICIOS:
  1. ¿Cantas comidas facían ó día? Situalas nos seus horarios aproximados.
    • Almorzo;
    • As once, parva;
    • Xantar;
    • Merenda;
    • Cea;
  2. ¿A que actividade se adicaba a familia? Agrícola, artesana...
  3. ¿Tiñan os mesmos costumes no tocantes ás comidas tódolos seus viciños?
  4. ¿Que alimentos inxerían en cada unha das comidas?
  5. ¿Comían o mesmo os homes e as mulleres, os mozos, os nenos, os vellos?
  6. ¿Levaban algunha comida para a escola?
    • pan
    • froita
    • outros
A información que nos interesa recoller nesta sesión refírese á infancia e adolescencia dos participantes.
Noutra sesión falarán do mesmo tema, situándose mentalmente na época na que criaron os seus fillos. Nunha terceira ocasión falarán da súa alimenación na actualidade e, finalmente, pediremoslle que eles mesmos apunten algúns dos cambios que consideren máis relevantes, prestando especial atención ó consumo de productos básicos: leite, pan pescado, carnes, patacas, froitas..., á conservación dos alimentos, ás maneiras de preparalos, etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario