jueves, 2 de septiembre de 2010

Malos hábitos

Ademais das carencias nutricionais por mor da carencia de alimentosen determiñadas épocas do ano, a dieta tradicional galega estaba "contaminada" por unha serie de hábitos pouco recomendables:
  • En xeral, a dieta era monótona;
  • Abusábase do sal e das graxas animais;
  • Consumíase alcohol en exceso;
  • Bebíase o leite sen ferver e sen nengún tipo de control sanitario;
  • O gando non estaba saneado;
  • Inxeríanse escasas cantidades de pescado, de froita e de productos lácteos;
Pero a pesares de todo isto, a poboación galega, principalmente as mulleres, acadan unha gran lonxevidade, unha das máis altas do mundo, feito que cuestiona a tese de que a dieta por si soia sexa determiñante para acadar unha longa esperanza de vida.
En todo caso, a vida ó aire libre, a actividade física, a ausencia de estrés e o consumo de productos naturais, sen hormonas nen conservantes, segundo a miña opinión, paliaban en parte os efectos nocivos destes malos hábitos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario