Tanto os macarróns, coma os fideos e o cuscús formaban parte da axuda do Goberno americano que recibían as familias máis humildes, pero as patacas seguían sendo a basa da alimentación da poboación galega.
Na popularización da pasta, ó meu entender, influíron factores tales como:
- A televisión; nas películas americanas e italianas (lembremos que o cine italiano tivo un gran éxito nos anos 60 e 70) os protagonistas comían pasta; os anuncios publicitarios de determiñados productos mostraban pratos de pasta moi apetecibles;
- Os emigrantes que viñan pasar as súas vacacións ou que retornaban viñan afeitos a comer pasta nos países que os acolleran, tanto iberoamericanos coma europeos;
- Os nenos comíana sen dificultade, preferíndoa ó peixe ou ás verduras;
- O seu módico prezo era un incentivo para as amas de casa e as mulleres aprenderon novos xeitos de preparala, máis condimentada e menos caldosa;
Os máis reacios a consumir pasta eran os homes de máis idade, que seguían preferindo o caldo; as mulleres, aínda que foran vellas, sempre se adaptaron millor ós cambios. Hoxe a meirande parte das persoas, principalmente os máis novos, consumen pasta varias veces por semán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario