- A Churrera. Boqueixón.
- A do Comedor. Padrón.
- A Faneca. Brión.
- A Flaca. Ames.
- A Nós (noz). Boqueixón, por pequena (é zoa de seseo);
- A Patacamenecha. Boqueixón;
- A Sebola. Vedra; pequena e gorda; (nesta zoa falan con seseo);
- A Seca. Santiago de Compostela; por fraca;
- A Tixola. Santiago de Compostela
- As Mantidas. Alcume colectivo que se aplicaba ás mulleres campesiñas que ían tomar os baños á Lanzada e levaban os productos das súas casas para faceren a comida nas pensións ou pousadas;
- As Patacasbravas. Ponteareas; por lo seu mal carácter;
- As Pementas. Vedra.
- Boladesebo. Santiago de Compostela; por ser baixote e gordo;
- Daniel El Churrero. Santiago de Compostela; vendía churros polas rúas e á porta dos colexos;
- Merendiñas. Santiago de Compostela;
- O Bacalloas. Ourense; por ser moi amigo das esmorgas;
- O Ghordo. Tal, Muros.
- O Faranghullas. Santiago de Compostela;
- O Formigho. Val do Dubra, por hiperactivo (é zoa de gheada);
- O Larpeiro. O Pino.
- O Mantecas. Santigo de Compostela; por gordo e seboso;
- O Mañoso. Santiago de Compostela; porque facía moi ben os callos;
- O Papabroas. Ourense; por ser amigo das festas e comer en exceso;
- O Papauntos. Santiago de Compostela, por estar excesivamente gordo;
- O Patacamenencha. Val do Dubra;
- O Petisuís. Santiago de Compostela;
- O Pistracas. Santiago de Compostela; por ser mal comedor;
- O Tixolo. Santiago de Compostela;
- O Troiteiro. Ames;
- Papasnaola. Santiago de Compostela;
- Pernildepolo. Padrón;
- Pesapouco. Santiago de Compostela;
- Poucachicha. Santiago de Compostela;
- O Vacalloas. Ordes; por ser tratante de vacas alleas;
miércoles, 15 de septiembre de 2010
Alcumes relacionados co feito de comer
O xeito de comer, a cantidade, as preferencias gastronómicas e as actividades relacinadas coa alimentación son tamén unha fonte de inspiración para os alcumes, unha das manifestacións da cultura tradicional máis extendidas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario