Mostrando entradas con la etiqueta alcumes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta alcumes. Mostrar todas las entradas

lunes, 1 de noviembre de 2010

Máis alcumes (2)

Alcumes relacionados con alimentos ou o xeito de comer:
  • A Berberecheira. Boqueixón;
  • A Ghaliñachoca. Ames;
  • A Matona. Santiago de Compostela; era carniceira;
  • A Xardeta. Santiago de Compostela;
  • Berberecho. Santiago de Compostela;
  • Broeiro. Ribeira;
  • Caghanaberza. Mesía;
  • Caghanacunca. Noia;
  • Caghanahorta. Mesía;
  • Caghanomillo. Noia;
  • Caghapoquitos. Santiago de Compostela; por amarrada;
  • Do Bacallao. Santiago de Compostela;
  • Fervellasberzas. Santiago de Compostela;
  • Ghaliñabranca. Santiago de Compostela;
  • Ghalletas Cuéncara. Santiago de Compostela; unha vez dixera iso por "galletas Cuétara" e quedoulle;
  • Muchachicha. Ponteareas;
  • O Aceitunero. Santiago de Comportela; vendía na Praza de Abastos;
  • O Barrigas. Ourense;
  • O Berberecho. Val do Dubra;
  • O Broeiro. Santiago de Compostela;
  • O Cañeiro. Teo;
  • O Churrero. Era un garda municipal; seus pais vendían churros pola feiras; Santiago de Compostela;
  • O Fervello. Val do Dubra;
  • O Larpeiradas. A Coruña;
  • O Larpeiro. Ourense;
  • O Loureiro. Santiago de Compostela;
  • O Manteigas. Ourense;
  • O Mantequero. Santiago de Compostela; vendía na Praza de Abastos;
  • O Minchiñas. Cambados;
  • O Papauntos. Ourense;
  • O Tixolo e A Tixola. Vedra;

viernes, 17 de septiembre de 2010

Máis alcumes

Algúns establecementos de hostelería coñécense máis polas súas especialidades que polo seu nome.
  • O Orella. Prepara unha exquisita orella de porco á galega;
  • O Pataca. Santiago de Compostela; pon patacas cocidas con azafrán de tapa;
Tamén hai alcumes colectivos relacionados coa gastronomía ou o feito de comer:
  • Cascarilleiros: A Coruña;
  • Pimenteiras: Padrón;
  • Sopeiros: dinlle así ós de Cortegada de Silleda;
  • Tripeiros: os de Vigo e tamén os da localidade portuguesa do Porto, neste caso por seren as tripas un prato típico da cidade;

miércoles, 15 de septiembre de 2010

Alcumes relacionados co feito de comer

O xeito de comer, a cantidade, as preferencias gastronómicas e as actividades relacinadas coa alimentación son tamén unha fonte de inspiración para os alcumes, unha das manifestacións da cultura tradicional máis extendidas.

  1. A Churrera. Boqueixón.
  2. A do Comedor. Padrón.
  3. A Faneca. Brión.
  4. A Flaca. Ames.
  5. A Nós (noz). Boqueixón, por pequena (é zoa de seseo);
  6. A Patacamenecha. Boqueixón;
  7. A Sebola. Vedra; pequena e gorda; (nesta zoa falan con seseo);
  8. A Seca. Santiago de Compostela; por fraca;
  9. A Tixola. Santiago de Compostela
  10. As Mantidas. Alcume colectivo que se aplicaba ás mulleres campesiñas que ían tomar os baños á Lanzada e levaban os productos das súas casas para faceren a comida nas pensións ou pousadas;
  11. As Patacasbravas. Ponteareas; por lo seu mal carácter;
  12. As Pementas. Vedra.
  13. Boladesebo. Santiago de Compostela; por ser baixote e gordo;
  14. Daniel El Churrero. Santiago de Compostela; vendía churros polas rúas e á porta dos colexos;
  15. Merendiñas. Santiago de Compostela;
  16. O Bacalloas. Ourense; por ser moi amigo das esmorgas;
  17. O Ghordo. Tal, Muros.
  18. O Faranghullas. Santiago de Compostela;
  19. O Formigho. Val do Dubra, por hiperactivo (é zoa de gheada);
  20. O Larpeiro. O Pino.
  21. O Mantecas. Santigo de Compostela; por gordo e seboso;
  22. O Mañoso. Santiago de Compostela; porque facía moi ben os callos;
  23. O Papabroas. Ourense; por ser amigo das festas e comer en exceso;
  24. O Papauntos. Santiago de Compostela, por estar excesivamente gordo;
  25. O Patacamenencha. Val do Dubra;
  26. O Petisuís. Santiago de Compostela;
  27. O Pistracas. Santiago de Compostela; por ser mal comedor;
  28. O Tixolo. Santiago de Compostela;
  29. O Troiteiro. Ames;
  30. Papasnaola. Santiago de Compostela;
  31. Pernildepolo. Padrón;
  32. Pesapouco. Santiago de Compostela;
  33. Poucachicha. Santiago de Compostela;
  34. O Vacalloas. Ordes; por ser tratante de vacas alleas;

viernes, 3 de septiembre de 2010

Curiosidades

Alcumes: O Hinchavacas;
Era un coñecido tratante compostelán que, ó rematar a Guerra Civil se adicaba a mercar vacas para o Exército.
Co fin de multiplicar os seus beneficios, o día que as tiña que levar ó ferrocarril botáballe sal na comida para que beberan moito e retiveran líquidos, pois pesábanas antes de subilas ós vagóns do tren. Cando chegaban ó seu destiño as vacas perderan unha porcentaxe importante do seu peso.