Mostrando entradas con la etiqueta curiosidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curiosidades. Mostrar todas las entradas

viernes, 2 de septiembre de 2011

Curiosidades

O "Padriño seco":

Dicíase do que non lle levaba ó seu afillado o "bolo" pola Páscoa, tal como era costume na sociedade tradicional galega.

jueves, 25 de agosto de 2011

Curiosidades

"MATAR JUDÍOS":
Así lle dicían nalgúns lugares de Castela a tomar limonada ou sangría, feita con viños da zoa.
Costume propia da Semana Santa, sobre todo o Vernes Santo, e da Páscoa.
(Informante: N.M.F., natural da provincia de Valladolide).

jueves, 9 de diciembre de 2010

Curiosidades: dous trabalinguas...

...que son tamén dúas adiviñas:

Pinguilín, Pinguilín está pingando
e Minguilín, Minguilín está mirando:
si Pinguilín, Pinguilín cayera,
Minguilín, Minguilín lo comiera.
(Pinguilín son os chourizos e Minguilín é o gato)

Estaba Pinguín pingando
e estaba Focín fozando;
veu Rapín rapando
e levouse a Focín fozando
e deixou a Pinguín pingando.
(Pinguín son os chourizos; Focí é o porco e Rapín é o matachín)

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Curiosidades: a creatividade popular

Santa María,
morreu miña tía:
¿Cando se enterra?
Mañán polo día.
Dáballe berzas
e nonas comía;
dáballe papas,
¡que ben lle sabían!
Cando cocía
facíame un bolo;
cando choraba,
comíamo todo.

viernes, 29 de octubre de 2010

Curiosidades: picaresca


Durante os últimos anos da Guerra Civil española os alimentos escaseaban, sobre todo nas grandes cidades e xente recorría á súa imaxinación, uns para alimentarse eles e mailas súas familias, outros para beneficiarse economicamente da situación.
En Barcelona, segundo unha das nosas testemuñas que pasou aló os anos da Guerra, a alguén se lle ocorreu, para elaborar máis pan, alimento básico na época, misturar a fariña coas mondas do plátano. Ó enfriar o pan, o plátano soltaba auga que ía humedecendo pouco a pouco o molete e o pan botábase a perder ás poucas horas.
¡O negocio non properou, claro está!

martes, 14 de septiembre de 2010

Curiosidades: París-Dakar

"Face-lo París-Dakar":
Non se trata de participar no popular rally de aventura que, nos seus inicios, transcurría entre as capitais de Francia e O Senegal, atravesando o deserto do Sahara, senón dun roteiro entre os café-bares "París", na rúa de Bautizados, e Dakar", na rúa do Franco, na cidade de Santiago de Compostela.
Nest caso os participantes recorren tódolos establecementos de hostelería situados sobre o traxectos, ¡que non son poucos!, tomando viños ou cañas e degustando as tapas típicas de cada un deles.

viernes, 3 de septiembre de 2010

Curiosidades

Alcumes: O Hinchavacas;
Era un coñecido tratante compostelán que, ó rematar a Guerra Civil se adicaba a mercar vacas para o Exército.
Co fin de multiplicar os seus beneficios, o día que as tiña que levar ó ferrocarril botáballe sal na comida para que beberan moito e retiveran líquidos, pois pesábanas antes de subilas ós vagóns do tren. Cando chegaban ó seu destiño as vacas perderan unha porcentaxe importante do seu peso.

lunes, 30 de agosto de 2010

Curiosidades: patacas parideiras


Trátase de patacas que, conservadas nun ambiente cálido e seco, etre papel de periódico, por exemplo, reventan porque no seu interior medrou outra pataca.
Conservo unha pataca parideira desde o ano 2003 que, co paso do tempo, petrificouse, tendo actualmente o 59% do seu volume orixinal.
Descoñezo o nome científio deste fenómeno, o de "parideiras" puxémosllo o meu desaparecido amigo L.Q.M. e máis eu porque o seu aspecto recorda ó do feto saíndo do útero materno, ¡fóra a i-alma!, como diría os nosos devanceiros.