Mostrando entradas con la etiqueta gando. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta gando. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de septiembre de 2010

A vara do gando


A vara do gando era o símbolo dos tratantes, pero tamén o cabeza de familia. O pai pasáballe a vara do gando ó fillo ou, mens frecuentemente, ó xenro ou ó neto, para in dicar que, a partires dese momento, serían os que se ocuparían do coidado e administració da facenda.
Este feito ten a súa correspondencia feminina na cesión do cesto da feira por parte da muller da casa á filla,nora ou neta, que se ocuparán no sucesivo da administración familiar.

viernes, 10 de septiembre de 2010

Á ganancia

Era un sistema de copropiedade no mundo rural galego, practicamente desaparecido nos anos 60. Empregábase fundamentalmente coas vacas e moi ocasionalmente cos porcos. Consistía no seguinte:
Unha familia humilde chegaba a un trato cunha familia pudiente: esta entregáballe un xato ou, máis frecuentemente, unha xuvenca (ou dúas, tres ou máis) que a outra se encargaba de manter e coidar repartindo a medias as ganancias (o importe da venta, as crías que tivera...). O propietario das vacas tiña dereito a velas de vez en cando para controlar o seu engorde e era quen dicidía o intre de vendelas.
Evidentemente, este sistema favorecía ós que dispoñían de capital, que o ían acrecentando deste xeito practicamente sen esforzo; por iso só recorrían a este sistema de copropiedade as familias máis desfavorecidas, as que perderan a súa propia facenda por mor dunha disgracia familiar (unha longa enfermidad ou un accidentee, por exemplo), as viúvas con fillos pequenos e as nais solteiras sen recursos.