Disgraciadamente en Galicia houbo ó longo da historia distintas épocas nas que escasearon os alimentos por causas que xa fomos apontano noutras entradas, pero os nosos informantes cando falan dos anos da fame refírense ó periodo inmediatamente posterior á Guerra Civil española, entre 1939 e 1945, aproximadamente.
O estraperlo:
Xurde como mercado ilegal debido á carencia de todo tipo de productos: tecidos, pequenas máquinas e ferramentas, fármacos e, sobre todo, alimentos de primeira necesidade que se adquirían e vendían a un prezo moi elevado pola súa escasez.
Para garantir ás familias os alimentos básicos ou, cando menos, parte deles ó prezo oficial creáronse as cartillas de racionamento que só permitían mercar productos determiñados e en cantidade limitada en función do número de membros da familia.
Os establecementos estampaban o seu selo na cartilla a medida que se ían adquirindo os productos, pero como as cantidades eran insuficientes, a xente víase obrigada a completar a compra con productos do estraperlo; tamén había un mercado negro de cartillas.
-Comadre, miña comadre,
¿como lle vai o seu estraperlo?
-O Cabalo anda enriba de nós,
parece que ten unha fame do demo
Cantaba en Santiago de Compostela unha comparsa de Entroido coa música do Tiroliro. O Cabalo era un Garda Municipal moi coñecido na cidade.
O contrabando era o comercio ilegal a traverso da fronteira, no caso galego con Portugal por vía terrestre e con outros países por vía marítima dada a importancia dos nosos portos. A meirande parte dos productos procedían, ademais de Portugal, de Canarias, Ceuta, Melilla e Tánxer.
O contrabando localizábase en toda a raia e nas vilas portuarias, mentres que o estraperlo se extendía por todo o país.
Os contrabandistas eran case sempre homes, mentres que os estraperlistas eran tanto homes coma mulleres. Os contrabandistas traficaban con productos de máis valor (café, tabaco, tecidos producidos en Béjar, Portugal ou Inglaterra, penicilina, sulfado de cobre, reloxos...), mentres que os estraperlistas comerciaban con todo.
Tanto uns coma outros cobraban tanto en cartos coma en especies.
Entre os contrabandistas os informantes incluían tamén ós maragatos que, tradicionalmente practicaban o comercio entre Galicia e Castela.
Fragmento dos Diarios de mariana Canabal:
Os fielatos eran unhas pequenas garitas situadas nas principais vías de entrada ás cidades, nas que se apostaban os gardas de consumo coa finalidade de cntrolar e cobrar trabucos por todas aquelas mercadorías que entraban nas vilas, calisquera quefora o seu destiño: a comercialización nun mercado, o aprovisionamento dos establecementos hosteleiros ou as dádivas a familiares ou amigos.
Costume de orixe medieval en tódalas cidades do Occidente con fins recaudatorios poderían ser considerados coma un precedente do IVE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario