miércoles, 21 de julio de 2010

A crise e o cambio de hábitos alimenticios


Aínda que a meirande parte dos expertos coinciden en sinalar ó sector financeiro como principal desencadenante da crise económica que estamos vivindo, atrévome a considerar a incidencia doutros factores concatenados que están a modificar os hábitos de compra e de moitos outros aspectos da vida cotiá coa súa repercusión no consumo.
Os gastos en alimentación pasaron de representar nas economías máis modestas un dos capítulos, por non dicir o capítulo, máis importante do orzamento familiar a un segundo ou terceiro plano, por detrás do coste da vivenda (aluguer ou hipoteca) e do conxunto dos servizos básicos (auga, luz, gas, comunidade e comunicacións -teléfono, TV, Internet-).
Co desenvolvemento económico dos anos 60, as familias foron pasando paulatinamente dunha dieta de mínimos, primeiro a uha sobredieta inxerindo unha mneirande cantidade de alimentos. Para as xerazóns que viviran os anos difíciles da postguerra, a comida abondante era o millor indicativo dunha nova etapa de prosperidade. O sobrepeso estaba ben visto, era símbolo dunha boa posición económica e social e ata se consideraba saudable.
Á dieta anterior baseada fundamentalmente no autoconsumo no caso dos labradores, engadíanse agora cada vez mái productos adquiridos nos mercados, ultramariños e tendas de alimentación.
Moitos productos autóctonos e de baixo prezo (pescado axul, pan, patacas, carne de porco salgada...) eran desprezados en favor doutros máis caros e moitas veces procedentes doutras zoas, invocando uns cuestións de saúde, outros de progreso e case todos de avance social e cultural. Os productos de repostería, ricos en graxas e zucre pasaron a ser consumidos habitualmente e as frituras gañabanlle cada vez máis terreo ó cocido ou fervido.
A tradicional adaptación da dieta ás tempadas desapareceu. Proliferaron os establecementos hosteleiros nos que se ofrecían productos novos: pizzería, parrilladas, churrasquerías..., ou productos de sempre preparados con fórmulas novas.
Entramentes, a agricultura seguía a producir os productos de sempre, sen inversións e sen ecesidade de actualiza-los coñecementos nas técnicas agrícolas. O sistema de propiedade da terra, as cuestións referidas ás herdanzas, a emigración que levaba fóra do noso país ás persoas máis emprendedoras e na idade na que podían render máis, fixeron o resto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario