viernes, 30 de julio de 2010

A Coresma

Na sociedade tradicional galega superpoñíanse o calendario solar, coas súas estacións e os froitos da cada tempada, e o calendario católico coas súas celebracóns, tanto propias, como toadas do calendaio xudeo. Tal é o caso da Coresma que rememora os 40 días de xexún de Xesús no deserto, antes de comeza-la súa "vida pública" que, á súa vez, lembraba os 40 anos da travesía do Sinaí polos xudeos guiados por Moisés.
A Coresma comeza o Mércores de Cinza e remata coa Páscoa. Durante este tempo os vernes ós católicos estáballes vedado comer carne, de xeito que os pratos típicos da Coresma tiñan como base, ademais de calqueira tipo de peixe, o bacallao, os garbanzos, o arroz, as verduras e os ovos. Algúns pensaban que a abstinencia de comer carne non se interrompía comendo coello, codornices, pichóns e outros animais que non foran os habituais na dieta (porco, vacuno ou polo). Esta idea procede do Levítico, xa que os xudeos tamén consideraban a carne dalgúns animais como alimentos neutros. (Ver comida kásher).
Tamén eran propias desta época as torrixas, tanto de viño coma e leite, e a tortilla de pan.
Para non ter que cumprir con este precepto podían mercar a bula.


Ditos:
  1. Estar coma puta na Coresma: As chamadas mulleres de mala vida eran apartadas dos seus barrios durante a Coresma e, sobre todo, na Semana Santa; a abstinencia non só prihibía comer carne os vernes, senón o contacto carnal, incluso no matrimonio;
  2. Ter bula: poder saltarse unha norma ou prohibición;


No hay comentarios:

Publicar un comentario