viernes, 23 de julio de 2010

Os anos da fame (2)

Na postguerra o que máis e o que menos buscaba o xeito de sobrevivir.

Fragmento dos Diarios de Mariana Canabal:
Ó rematar a Guerra, X. da R. era un mozo novo; non fora mobilizado por ser fillo de nai solteira e o único home da casa. O seu traballo era necesario para á economía de guerra, pois atendía unha facenda que producía gran cantidade de trigo, millo, centeo, patacas, viño, leite e xatos que, en boa parte confiscaba o exército para abastecerse e abastecer os mercados das grandes cidades como Madrid, na que despois de tres anos de aillamento escaseaban os alimentos máis básicos.
A nai de X., a pesares de ser solteira, recibira unha boa herdanza de seus pais porque nengún dos eus irmáns tivera descendencia, pero non lle facilitaba ó seu fillo cartos para poder alternar e convidar a unha moza e ós seus irmáns e amigos, como era costume na época cando se trataba dunha muller doutra parroquia, dacordo coa súa posición económica. (Ver a entrada "Pagar piso").
Así que X. sustraía da súa propia colleita algún que outro saco de grao ou de espigas de millo que, ás agochadas, lle vendía a miña avoa, que dispoñía de cartos en efectivo porque a familia non se adicaba á agricultura, senón ós labores artesáns. O prezo era razoable, moi por debaixo do que cobraban os estraperlistas, e sen risco de que a mercadoría fora confiscada polos Gardas; a única condición que poñía X. era que o troco se mantivera en segredo.
Deste feito xurdíu unha amizade de longos anos: miña avoa e o resto da familia estáballe agradecida por haberlle facilitado alimentos cando escaseaban e X. poido conquistar á muller que él quería.

No hay comentarios:

Publicar un comentario