miércoles, 28 de julio de 2010

A froita (5)

Fragmento dos Diarios de Mariana Canabal:
Na casa da P. tiñan moitas maceiras; cando era o seu tempo, o chan estaba completamente estrado delas, aínda que, como facía todo o mundo daquela, fervíanllas para darlle de comer ós porcos; cortadas, claro está, para que non se atragantaran con elas.
O señor X., que era o home da casa, tiña un pequeno aparello para facer zume de mazá e ós rpaces gostábanos ir pola eira abaixo collendo algunhas das millores para acodir con elas ó recuncho onde exercía o seu oficio de zoqueiro para que nos fixera medio vaso de zume. Viamos algo máxico naquela transformación...

No hay comentarios:

Publicar un comentario