Ingredientes:
- 8 toros de congrio;
- 4 patacas medianas;
- 1 cebola;
- 1 tomate;
- Perixel
- Allo
- Loureiro
- Aceite de oliva
- Sal
Elaboración:
Ponse en adobo o pescado, limpo e seco, con aceite de oliva, allo e perixel durante media hora.
Cortámo-las patacas un pouco máis gordas que para fritar e a cebola en aros finos. Nunca tarteira plana poñémo-la metade das patacas e da cebola, colocamos enriza o peixe, o tomate picado, dúas follas de loureiro, unha rama de perixel e dous dentes de allo; enchémo-los ocos co resto das patacas e a cebola; sal e aceito ó gosto; engadimos auga de xeito que non cubra por completo os ingredientes; tapámo-la tarteira e poñémola a cocer, cando ferva deixámola a lume lento. Déixase repousar dez minutos antes de servilo.
(Informante: R.G.N.C.)
No hay comentarios:
Publicar un comentario