martes, 20 de julio de 2010

Os Diarios de Mariana Canabal

"Ademais do costume das vellas de agochar larpeiradas nos petos ou no seu cuarto, había casas nas que a comida estaba pechada. Por unha banda, á adega, na que ademais das piupas de viño, estaba o baño coa carne de porco salgada, só podían acceder o home e a muller da casa, que non tiñan porque ser o matrimonio precisamente, podían ser nai e fillo ou sogro e nora, por exemplo, porque os labores estaban repartidos por xéneros e, tanto homes coma mulleres, ían cedendo as súas responsabilidades e prerrogativas a medida en que lle faltaban os folgos para facerlles frente.
Os alimentos xa elaborados conservábanse nas fresqueiras e nas alacenas. O pan soía gardarse na artesa, que non soía ter chave, pero aínda así había moitas familias que o tiñan tasado; na potsguerra, case todas.
As horas de comer estaban estrictamente reguladas polos hábitos da familia, sempre se comía en reunión e entre hora só se podía comer un codelo de pan que se reservara do almorzo ou unha froita que se collera dunha árbore propia ou allea, porque o de roubar a froita era algo habitual e non só cousa de rapaces.
As normas eran menos severas cos nenos e nenas máis pequenos, os vellos e os enfermos ou convalecentes...

No hay comentarios:

Publicar un comentario