A partires dos anos 60 o consumo de leite e dos seus derivados foi a máis, peo tamén se disparou a producción.
Ata finais dos 60 o leite non se mercaba nas tabernas nen nos ultramarinos; nas aldeas mercábaselle a unha familia de confianza e nas cidades ás leiteiras. Tamén vendían leite embotellada nalgunhas panaderías; nesta época apareceron tamén os primeiros briques, de forma tetragonal, de medio litro, coido que da marca LARSA. Logo apareceon as bulsas, ata que o brique se impuxo.
O brique de medio litro non se fixo moi popular:
- Era moi caro en comparación cos prezos que ofrecían as leiteiras, aínda que ofrecía máis garantías sanitarias e non se "cortaba";
- Tamén estaba por enriba do prezo das outras fórmulas de comercialización;
- As familias eran numerosas daquela e precisaban unha meirande cantidade diaria;
- A mesma marca comercializou case ó mesmo tempo a bulsa de plástico, esta de un litro, que tiña tódalas ventaxas do brique, agás a consistencia.
Pero o brique, así e todo, siñificou un cambio: os ultramariños comezaron a vender leite e esta foi a fórmula de presentación que finalmente se impuxo.
Na aldea tiñan preocupación porque as vacas estiveran sans, que o ubre estivera ben lavado, que a persoa que muxía as vacas non tivera nengunha enfermidade contaxiosa e tanto as súas mans coma as caldeiretas e outros recipientes nos que se botaba o leite estiveran limpos.
Unha das malas famas que se lle atribuían ás leiteiras, ademais de escatimar na medida, era a de mexar no leite poque, dicían, o mexo tiña a mesma densidade que o leite e non se notaba.
Leite mazado: precedente do actual iogurth. Deixábase fermentar o leite e despois tomábase cun anaco de broa (pan de millo).
Do leite tamén se extía a manteiga, que se comía coa broa.
Cando a producción de leite era superior á súa demanda, como a industrias lácteas non se comprometían a recoller os excedentes, algunhas mulleres facían queixos para o autoconsumo ou para a venta ocasional. Non nos referimos ás comarcas como a Ulloa, por exemplo, que tiña unha gran tradición de elaboración deste producto, senón a algo puramente puntual para recuperar parte das perdas ocasionadas con esta práctica abusiva por parte das industrias.
Ditos:
- Has de saber o leite que dá: expresión empregada para reprender ou ameazar;
- O que queira o leite ten que aprender a muxi-la vaca;
- Saber o leite que dá a vaca: percatarse do esforzo que require acadar un obxectivo; sempre se emprega e expresión como ameaza ou advertencia;
- Somellar unha vaca leiteira: dise despectivamente da muller que ten as mamas moi desenroladas;
As contas da leiteira:
Fábula universal que, con independencia da súa intención moralista, reflexa o papel da muller no desenvolvemento, sempre no ámbito da microeconomía; por certo que esa función está sendo hoxe apoiada polos organismos internacionais con resultados moi positivos en países nos que a miseria é un mal endémico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario