Tiñámolos no cuberto que estaba ó carón da casa, no banco de carpinteiro que fora domeu avó. as portas tiñan unha reixa de aramio con aberturas suficientes para introducir herbas que os meus compañeiros de xogo (tres rapaces viciños, dúas nenas e un neno) e máis eu collíamos pola horta adiante. Pero non nos contentabamos con velos comer; rematabamos por abrir as portas para acariñalos, de xeito que algún sempre remataba escapándonos, co conseguinte enoxo de miña nai que tiña que perde-lo tempo buscándoo.
Se pecho os ollos aínda podo senti-la soavidade da súa pel nos meus dedos...
Algunha vez morrían envelenados por mor das herbas que lles dabamos, porque os coellos son moi delicados. O caso é que non lembro en toda esta etapa da miña infancia ter comido coello na casa...
No hay comentarios:
Publicar un comentario