jueves, 29 de julio de 2010

As de Padrón, pimenteiras...


"Teño unha moza en Padrón
que tamén é
pimenteira..." di o cantar.
É ben sabido que a comarca de Padrón produce os mellores pementos baixo a denominación "Pementos de Herbón", pero é preciso reparar no dito, sempre en feminino, poque a meirande parte dos labores que require son realizados polas mulleres que, antiguamente comezaron a cultivalos máis alá do autoconsumo e a comercializalos para obter uns beneficios "extra" que elas mesma podían administrar por seren reducidos; todo un exemplo de como a microeconomía pode ser un importantisimo factor de independencia da muller.
Aínda agora, durante tempada, os xoves e os sábados na Praza de Abastos de Santiago de Compostela podemos admira-la habilidade coa que os contan por centos e medios centos, a pesares de que moitos xa se venden embolsados e en supermercados e grandes superficies.

Os pementos de Padrón, uns pican e outros non.
Frítense co rabo para qe non chupen aceite e añádeselle sal gorda.
Soían acompañarse de cachelos.

Fragmento dos Diarios de Mariana Canabal:
"Desde nena sempre me gostaron os pementos de Padrón; miña nai cultivábaos na horta, de xeito que, dede finais do mes de maio ata agosto, era raro o día que non fritía algúns. Poñíaos nun pratiño na mesa para "picar", sazonados con sal gorda.
"Parte do pracer de come-los pementos era tratar de adiviñar os que picarían ou os que non, porque o segredo só o coñecen as pimenteiras...

No hay comentarios:

Publicar un comentario