Mostrando entradas con la etiqueta fame. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fame. Mostrar todas las entradas

viernes, 23 de julio de 2010

Os anos da fame (2)

Na postguerra o que máis e o que menos buscaba o xeito de sobrevivir.

Fragmento dos Diarios de Mariana Canabal:
Ó rematar a Guerra, X. da R. era un mozo novo; non fora mobilizado por ser fillo de nai solteira e o único home da casa. O seu traballo era necesario para á economía de guerra, pois atendía unha facenda que producía gran cantidade de trigo, millo, centeo, patacas, viño, leite e xatos que, en boa parte confiscaba o exército para abastecerse e abastecer os mercados das grandes cidades como Madrid, na que despois de tres anos de aillamento escaseaban os alimentos máis básicos.
A nai de X., a pesares de ser solteira, recibira unha boa herdanza de seus pais porque nengún dos eus irmáns tivera descendencia, pero non lle facilitaba ó seu fillo cartos para poder alternar e convidar a unha moza e ós seus irmáns e amigos, como era costume na época cando se trataba dunha muller doutra parroquia, dacordo coa súa posición económica. (Ver a entrada "Pagar piso").
Así que X. sustraía da súa propia colleita algún que outro saco de grao ou de espigas de millo que, ás agochadas, lle vendía a miña avoa, que dispoñía de cartos en efectivo porque a familia non se adicaba á agricultura, senón ós labores artesáns. O prezo era razoable, moi por debaixo do que cobraban os estraperlistas, e sen risco de que a mercadoría fora confiscada polos Gardas; a única condición que poñía X. era que o troco se mantivera en segredo.
Deste feito xurdíu unha amizade de longos anos: miña avoa e o resto da familia estáballe agradecida por haberlle facilitado alimentos cando escaseaban e X. poido conquistar á muller que él quería.

jueves, 22 de julio de 2010

Os Diarios de Mariana Canabal

"No ano 1990, con ocasión da primeira guerra de Iraq, as estanterías das tendas e dos supermercados baleiráronse; as amas de casa de máis idade mercaron grandes cantidades de aceite, zucre, fariña, pastas, conservas e outros productos alimenticios, ata tal ponto que algúns comezaban a escasear a partires do mediodía, pois os establecementos non tiñan capacidade para repoñer a mercancía inmediatamente.
Cando o feito se convirteu en noticia, os máis novos sentímonos estranados: España non participaba directamente nese conflicto, Iraq quedaba lonxe e os galegos temos certa capacidade para autoabastecernos dos alimentos básicos; en todo caso, os problemas afectarían antes e con máis intensidade ó suministro enerxético.
Recorrín ás testemuñas para atopar unha explicación a este feito; sentíronse sorprendidas pola inxenuidade da miña preunta: a memoria dos anos de escasez consecuentes á Guerra Civil española permañecía viva no inconciente colectivo medio século despios e só era preciso un pequeno resorte para facela aflorar...

jueves, 15 de julio de 2010

Os anos da fame


Disgraciadamente en Galicia houbo ó longo da historia distintas épocas nas que escasearon os alimentos por causas que xa fomos apontano noutras entradas, pero os nosos informantes cando falan dos anos da fame refírense ó periodo inmediatamente posterior á Guerra Civil española, entre 1939 e 1945, aproximadamente.

O estraperlo:
Xurde como mercado ilegal debido á carencia de todo tipo de productos: tecidos, pequenas máquinas e ferramentas, fármacos e, sobre todo, alimentos de primeira necesidade que se adquirían e vendían a un prezo moi elevado pola súa escasez.
Para garantir ás familias os alimentos básicos ou, cando menos, parte deles ó prezo oficial creáronse as cartillas de racionamento que só permitían mercar productos determiñados e en cantidade limitada en función do número de membros da familia.
Os establecementos estampaban o seu selo na cartilla a medida que se ían adquirindo os productos, pero como as cantidades eran insuficientes, a xente víase obrigada a completar a compra con productos do estraperlo; tamén había un mercado negro de cartillas.
-Comadre, miña comadre,
¿como lle vai o seu estraperlo?
-O Cabalo anda enriba de nós,
parece que ten unha fame do demo
Cantaba en Santiago de Compostela unha comparsa de Entroido coa música do Tiroliro. O Cabalo era un Garda Municipal moi coñecido na cidade.

O contrabando era o comercio ilegal a traverso da fronteira, no caso galego con Portugal por vía terrestre e con outros países por vía marítima dada a importancia dos nosos portos. A meirande parte dos productos procedían, ademais de Portugal, de Canarias, Ceuta, Melilla e Tánxer.
O contrabando localizábase en toda a raia e nas vilas portuarias, mentres que o estraperlo se extendía por todo o país.
Os contrabandistas eran case sempre homes, mentres que os estraperlistas eran tanto homes coma mulleres. Os contrabandistas traficaban con productos de máis valor (café, tabaco, tecidos producidos en Béjar, Portugal ou Inglaterra, penicilina, sulfado de cobre, reloxos...), mentres que os estraperlistas comerciaban con todo.
Tanto uns coma outros cobraban tanto en cartos coma en especies.
Entre os contrabandistas os informantes incluían tamén ós maragatos que, tradicionalmente practicaban o comercio entre Galicia e Castela.

Fragmento dos Diarios de mariana Canabal:
Os fielatos eran unhas pequenas garitas situadas nas principais vías de entrada ás cidades, nas que se apostaban os gardas de consumo coa finalidade de cntrolar e cobrar trabucos por todas aquelas mercadorías que entraban nas vilas, calisquera quefora o seu destiño: a comercialización nun mercado, o aprovisionamento dos establecementos hosteleiros ou as dádivas a familiares ou amigos.
Costume de orixe medieval en tódalas cidades do Occidente con fins recaudatorios poderían ser considerados coma un precedente do IVE.