- Bacallao;
- Fariña;
- Leite;
- Perixel;
- Ovo batido;
- Aceite de oliva;
- Pan relado;
- Sal;
Elaboración:
Soe aproveitarse o bacallao cocido ou ó forno sobrante dunda comida anterior; desmenúzase ben cos dedos para asegurarse de eliminar tódalas espiñas; pícase o perixel moi miudiño e misturase todo.
Nunha tarteira ponse un chorro de aceitee bótase a fariña removendo continuamente; vai incorporando o leite sen deixar de remover cunha culler de madeira; cando a masa está hooxénea, añádenselle o bacallao e o perixel; remóvese outra vez, bótaselle un pouquiño de sal, quítase do lume e déixase temperar;
Bátese o ovo ou ovos, segundo a cantidade de pasta;
Coa axuda dunha culler vanse facendo as boliñas; tamén podemos conxelalas neste punto para telas dispoñibles en calquera momento; se non, rebózanse co ovo e pan relado e frítense na tixola con aceite ben quente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario