domingo, 5 de diciembre de 2010

As feiras (8)

Na Bandeira o 14 de setembro celebrábase a "feira das señoritas", á que acodían tódalas mestras dos arredores para mercar o que precisaban, coñecer algún mozo se eran solteiras e saudarse unhas ás outras, xa que logo pasarían varios meses sen verse, debido a que tiñan que percorrer o camiño entre a vila e o lugar no que estaba a escola a cabalo, en burro ou, inclusive, en barca.
Non soían voltar ás súas casas ata as vacacións de Nadal.
(Informante: N.M.F., que pasou parte a súa infancia nesta vila)

En Noia tiña sona a feira de San Marcos (25 de abril), xa que incluía un festival taurino, ó acodía non só xente da comarca, senón de Santiago, da Estrada, Ordes, Silleda...

No hay comentarios:

Publicar un comentario