sábado, 4 de diciembre de 2010

Calamares recheos


Ingredientes:
  • Calamares;
  • Cebola;
  • Xamón;
  • Chourizo;
  • Aceite de oliva;
  • Fariña;
  • Perixel;
  • Tomate;
  • Sal;
  • Pemento doce;
  • Azafrán;
Elaboración:
Pícanse moi miúdo a cebola, un pouco de xamón, hourizo e as patas dos calamares.
Frítese todo nun pouco de aceite e énchense os calamares coa mistura, deixándoos floxos porque ó cocer encollen; crábaselles un palillo para pechalos, rebózanse en fariña e frítense.
Colócanse nunha tarteira e engádeselle un sofrito de cebola, perixel e tomate;sazónanse con sal, pemento doce e azafrán.
Sérvense acompañados de arroz branco ou puré de patacas.
(Informante: M.C.V., concello de Santiago de Compostela)

No hay comentarios:

Publicar un comentario