Mostrando entradas con la etiqueta croquetas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta croquetas. Mostrar todas las entradas

jueves, 28 de julio de 2011

Croquetas de xamón

Ingredientes:
  • Xamón;
  • Fariña;
  • Ovo batido;
  • Aceite de oliva;
  • Pan relado;
  • Sal;
  • Leite;
  • Perixel;
Elaboración:
Ponse un pouco de aceite de oliva nun cazo ó lume e vaise botando a fariña e mailo leite, removendo continuamente para que non se pegue, ata conquerir unha pasta fina e homoxénea.
Pícanse o xamón e mailo perixel moi miudiño e mistúranse coa pasta; remóvese unha vez máis e añádeselle o sal.
Retírase do lume e déixase enfriar. Coa axuda dunha culler facemo-las croquetas que rebozamos con ovo batido e pan relado e fritimos para servir quentes.

jueves, 30 de diciembre de 2010

Croquetas de bacallao

Ingredientes:
  • Bacallao;
  • Fariña;
  • Leite;
  • Perixel;
  • Ovo batido;
  • Aceite de oliva;
  • Pan relado;
  • Sal;
Elaboración:
Soe aproveitarse o bacallao cocido ou ó forno sobrante dunda comida anterior; desmenúzase ben cos dedos para asegurarse de eliminar tódalas espiñas; pícase o perixel moi miudiño e misturase todo.
Nunha tarteira ponse un chorro de aceitee bótase a fariña removendo continuamente; vai incorporando o leite sen deixar de remover cunha culler de madeira; cando a masa está hooxénea, añádenselle o bacallao e o perixel; remóvese outra vez, bótaselle un pouquiño de sal, quítase do lume e déixase temperar;
Bátese o ovo ou ovos, segundo a cantidade de pasta;
Coa axuda dunha culler vanse facendo as boliñas; tamén podemos conxelalas neste punto para telas dispoñibles en calquera momento; se non, rebózanse co ovo e pan relado e frítense na tixola con aceite ben quente.

sábado, 11 de diciembre de 2010

Croquetas de pescada

Ingredientes:
  • Pescada;
  • Fariña;
  • Leite;
  • Ovos;
  • Perixel;
  • Pan relado;
  • Aceite de oliva;
  • Sal;
Elaboración:
Desmenuzamos a pescada, que pode ser crúa ou sobrante doutra comida, tanto cocida coma fritida; picamos o perixel moi miudiño;
Poñemos munha tarteira unhas gotas de aceite de oliva e un pouco de fariña, removemos e imos añadindo o leite sen deixar de remover ata facer unha pasta homoxénea;
Vertemos na tarteira a pescada, o perixel e unhas areas de sal, removemos unha vez máis e retiramos do lume;
Coa axuda dunha culler sopeira facemos unhas bóliñas coa mistura, rebozámolas con ovo batido e pan relado; fritimos en aceite ben quente e poñémolas a escurrir en papel de cociña.